XUVENTUDE
O Ciclo Importa trae a Millencolin por primeira vez a Galicia
O venres 17 de abril, ás 22:30 horas, na Sala Capitol, actuará por primeira vez en Galicia o mítico grupo sueco Millencolin. Será da man do Ciclo Importa, organizado pola Concellería de Xuventude e Sweet Nocturna.
MULLER
O Concello homenaxea a oito mulleres que abren camiños
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou os actos que se realizarán con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o domingo 8 de marzo. O venres 6 farase unha homenaxe a oito mulleres, á que asistirá a ministra Elena Espinosa, e o domingo 8 entregarase o Premio Xohana Torres.
CULTURA
Música, danza e teatro no programa cultural do mes de marzo en Compostela
Presentouse en Raxoi o programa cultural do mes de marzo en Compostela, no que as artes escénicas e a música terán un papel protagonista. O concerto da israelí Keren Ann ou a representación de Emma, de Teatro Arriaga, son algunhas das propostas destacadas.
XUNTA DE GOBERNO
Ábrense os prazos de admisión nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Na sesión tamén se abriu o proceso de licitación dun dos dous proxectos pendentes incluídos no Fondo Estatal de Inversión Local.
TURISMO
Arrinca marzo cunha cata de viños da D.O. Monterrei e queixo do Cebreiro en "Santiago Repetirás"
O sábado 7 de marzo, no Parador Hostal dos Reis Católicos, arrincan as actividades deste mes do programa Santiago Repetirás, organizado por Turismo de Santiago, cunha cata con maridaxe de produtos galegos e un taller gastronómico infantil.
ALCALDÍA
O alcalde ofrece "colaboración e lealdade institucional" ao novo Goberno da Xunta
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou en rolda de prensa o resultado das eleccións autonómicas do 1 de marzo e amosou o seu respecto á decisión adoptada polos cidadáns, ademais de felicitar a Alberto Núñez Feijóo. Ademais, ofreceu ao novo Goberno e ao seu presidente "colaboración e lealdade institucional".
URBANISMO
Santiago lanza en Romanía un programa de análise e estudo da vivenda social en Europa
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, presidirá o mércores 4 de marzo en Iasi, capital histórica da rexión de Moldavia e segunda cidade máis importante de Romanía, a inauguración oficial do lanzamento do proxecto europeo SUITE de análise e estudo da situación da vivenda social en Europa. Na inauguración estará acompañada polo alcalde anfitrión, o Gheorghe Nichita, o director do Programa Europeo URBACT que colabora no cofinanciamento deste proxecto, e as demais cidades que forman a rede.