ALCALDÍA
A bandeira branca contra a droga percorreu as rúas do casco histórico
Unha marcha de relevos portando a bandeira branca contra a droga percorreu as rúas do casco histórico, no marco das actividades programadas pola Fundación Galega contra o Narcotráfico con motivo da celebración do Día internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. O alcalde compostelán recibiu a bandeira ao remate da marcha na praza da Quintana.
CULTURA
Teatro de Adro leva a súa "Comida chinesa" ao Principal
Presentouse Comida chinesa, peza teatral para dous actores que Teatro de Adro vai levar ás táboas do Teatro Principal os días 27 e 28 de xuño a partir das 21:00 horas.
TURISMO
Cento trece tapas compiten por ser a mellor de Santiago
A Concellaría de Promoción Económica e Turismo presentou o Tapasporte, no marco do I Concurso de Tapas de Santiago de Compostela SANTIAGO(é)TAPAS. Esta ferramenta propón 5 (é)TAPAS gastronómicas, rutas que agrupan aos 45 estabelecementos de hostalaría que participan no concurso e que, entre o 28 de xuño e o 13 de xullo, competirán por ofrecer a visitantes e composteláns as súas mellores elaboracións en forma de tapa.
MOCIDADE
Boa acollida entre o público da primeira edición do "MúsicaXove"
O concelleiro de Mocidade de Santiago, Xosé Baqueiro, realizou un balance do I Certame MúsicaXove´08 e mostrou a súa satisfacción por como se estaba a desenvolver e a boa acollida que tiña entre a mocidade de Santiago, que un venres tras outro acudía a Sala Capitol para gozar coa música dos grupos participantes no concurso. Cualificou esta actividade como unha boa alternativa de ocio ao botellón.
PLENO
Olga Pedreira tomou posesión como concelleira
A nova concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, tomou posesión da súa acta de concelleira no Pleno Municipal. A numero 5 nas listas do BNG nas últimas eleccións municipais ocupa a vacante deixada por Néstor Rego tras a súa renuncia.
URBANISMO
Santiago, escollida como referente de vivenda social na primeira xuntanza do URBACT
Xosé A. Sánchez Bugallo, deu inicio de maneira oficial ao programa do URBACT, no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde os representantes das cidades de Nantes, Medway, Siemianowice Slaskie, Rennes e Albacete mostráronse moi interesados en coñecer as políticas de vivenda que se están desenvolvendo en Santiago. O representante da Secretaría europea do Programa URBACT, Raffaele Barbato, afirmou que Compostela fora "escollida para liderar este programa pola súa ampla experiencia no planeamento e xestión de vivendas protexidas,...
MOCIDADE
O club de rol do Centro Sociocultural do Ensanche comeza a funcionar con partidas e obradoiros sobre o xogo
O concelleiro de Mocidade, Xosé Baqueiro, anuciou que o venres 27 constituirase no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche o Club de Rol.
TURISMO
Créase o Consello Sectorial de Turismo
Na sesión ordinaria do Pleno Municipal acordouse por unanimidade a constitución do Consello Municipal Sectorial do Turismo e aprobouse o seu regulamento. Este será un órgano colexiado de participación que servirá de canle de participación e diálogo dos interlocutores sociais no desenvolvemento da política turística do Concello de Santiago.
DESENVOLVEMENTO SUSTENTÁBEL
Santiago únese á Rede Galega de Concellos pola Sustentabilidade
O Concello de Santiago ten manifestado a través das súas políticas o seu compromiso coa sustentabilidade. Nesta liña, o Pleno da Corporación municipal aprobou por unanimidade a solicitude de adhesión da nosa cidade á Rede Galega de Concellos pola Sustentabilidade.