CAPITAL CULTURAL
Gozar do teatro por vez primeira con ‘Coliño’ e ‘Univers’
A programación escénica de Compostela Cultura garda lugar esta fin de semana para dous espectáculos dirixidos á primeira infancia. O sábado, día 4 de maio, A Xanela do Maxín ofrecerá no Teatro Principal dúas funcións de ‘Coliño’ e o domingo, día 5, Engruna Teatre representará tamén dous pases de ‘Univers’ no Auditorio de Galicia. As entradas para as funcións de ambos os espectáculos xa están esgotadas.
IGUALDADE
Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que mantiveron esta mañá as distintas entidades que compoñen a mesa.
FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello convida a cidadanía a participar na I Carreira de Orientación e na Festa de Poesía para conmemorar o Banquete de Conxo
A Festa do Banquete de Conxo, que terá lugar o 24, 25 e 26 de maio, acollerá por primeira vez a Carreira de Orientación, unha proba non competitiva dirixida a persoas de todas as idades e niveis que se desenvolverá polo bosque do Banquete. O Concello lanza tamén unha nova edición da Festa da Poesía que reunirá no escenario grupos musicais e poetas da escena local e será conducido pola actriz, dramaturga e autora Lorena Conde. A concelleira de Festas e Deportes, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro,...
CAPITAL CULTURAL
A gala dos Follas Novas salientará a importancia da comunidade do libro en Galicia
A entrega dos premios será conducida polo actor Xosé Barato coa "axuda" da intelixencia artificial. Os galardóns de honra son para Joseba Sarrionandia, o desaparecido Francisco Porrúa e a libraría Eixo. A gala terá lugar o vindeiro 11 de maio no Teatro Principal, emprazamento no que tivo lugar a rolda de prensa de presentación que contou coa presenza da concelleira de Capital, Míriam Louzao.
IGUALDADE
Preséntanse as conclusións da campaña do #8M ‘Construamos o termo feminista de Compostela’
As participantes no proxecto Termo Feminista de Compostela compartiron as reflexións e propostas que naceron da man do tecido asociativo durante cinco sesións de traballo ao redor do 8M, nun encontro na Casa Xohana Torres en que partiparon a alcaldesa Goretti Sanmartín, a tenente de alcaldesa María Rozas, e as representantes dos grupos municipais Mercedes Rosón (PSdG), María Baleato (PP) e Olaya Otero (PP).
ALCALDÍA
O Concello e a Xunta acordan un protocolo para impulsar o aparcadoiro e a ordenación urbana do Hospital Clínico
Concello e Xunta acordaron hoxe impulsar un protocolo marco para o aparcadoiro e a ordenación urbana do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.