TRÁFICO
A Concellería de Tráfico lembra os cambios na circulación por mor da peatonalización provisional de dúas rúas do Ensanche
A Concellería de Tráfico lembra que esta fin de semana se peatonalizarán as rúas República do Salvador (tramo entre Doutor Teixeiro e a Praza Roxa), e Xeneral Pardiñas (entre a República Arxentina e Montero Ríos).
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e o Arcebispado homenaxean a Xoán Pablo II cunha escultura na praza da Inmaculada
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, presidiron a homenaxe ao beato Xoán Pablo II dentro dos actos conmemorativos do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Unha escultura co seu busto, obra de Cándido Pazos, preside desde hoxe a praza da Inmaculada e da a benvida aos peregrinos e peregrinas.
TRÁFICO
As rúas República do Salvador e Xeneral Pardiñas serán peatonais o sábado 10 e o domingo 11
Esta fin de semana dúas rúas centrais do Ensanche estarán libres de coches; deste xeito, os composteláns poderán pasear por República do Salvador e Xeneral Pardiñas sen preocuparse dos vehículos. O concelleiro de Tráfico, Albino Vázaquez, deu detalles da medida, que busca humanizar a zona nova e dinamizar o seu comercio, en rolda de prensa.
CULTURA
Seis compañías galegas no X Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán
Presentárono en rolda de prensa o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; a presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón; o vicepresidente, José León; e o director de Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero. Ademais, Fegatea celebra tamén as VI Xornadas de Teatro que serán os días 9 e 10 na Cidade da Cultura, lugar onde tamén se poderá ver a Exposición do X Aniversario da Federación.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a iluminación de Nadal para 36 rúas e prazas da cidade
A Xunta de Goberno Local adxudicou por 60.000 euros a iluminación de nadal así como o desenvolvemento de Nadalxogo 2011 e o programa de actividades de dinamización comercial pensando tamén para estas datas.
ALCALDÍA
Concurso de beléns e de ambientación dos negocios de hostalería para animar o Nadal compostelán
A concelleira Reyes Leis presentou en rolda de prensa outras dúas actuacións que pon en marcha o Concello este ano para dinamizar as festas e animar a todos os cidadás a participar nelas: un concurso de beléns no que poderán inscribirse tanto particulares coma institucións e outro que premiará os negocios de hostalería mellor decorados.
CULTURA
Cineuropa consolídase como referencia da vangarda do cinema europeo e incrementa o seu público
A XXV edición de Cineuropa foi todo un éxito e bateu todos os seus récords, consolidándose como unha referencia entre os máis prestixiosos festivais de cine. Pero sobre todo, segundo destacou hoxe en rolda de prensa o responsable de Cultura do Concello de Santiago, Ángel Currás, Cineuropa contou co apoio incondicional do seu público que acadou os 33.710 espectadores, o que supón un incremento do 6% con respecto á edición anterior.
DEPORTES
Comeza a funcionar a pista de xeo da Quintana
O concelleiro de Deportes e Xuventude, Adrián Varela, deu o pistoletazo de saída a unha das actividades máis esperadas do Nadal en Compostela: a pista de xeo, que estará na Quintana ata finais de xaneiro.
CULTURA
Os escolares do instituto Antón Fraguas charlaron co cantante de Maldita Nerea antes do concerto
Finalmente foi o IES Antón Fraguas, situado en Fontiñas, o gañador e os seus alumnos e alumnas charlaron animadamente con Jorge Ruíz antes do concerto que Maldita Nerea vai ofrecer no Multiúsos Fontes do Sar. O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, estivo presente no acto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural das Fontiñas acolle unha exposición que retrata as múltiples cara da cidade de Nova Iorque
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, será o encargado de inaugurar a mostra "NYC maNY faCes, maNY plaCes", de Niti Laíño, que poderá verse no centro das Fontiñas do 2 ao 27 de decembro.