ACCIÓN CULTURAL
Volven as Xornadas de Ilustración Urbana cunha fórmula mixta, en liña e presencial
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá na sala de prensa do Concello a sexta edición das Xornadas de Ilustración Urbana, acompañada da coordinadora das xornadas, Gemma Sesar. Este evento conta co apoio da Deputación provincial da Coruña e o deputado de cultura, Xurxo Couto, estará presente na xornada inaugural que será sábado 13 ás 16.30h no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
Asinados dous convenios cos colexios de Economistas da Coruña e de Avogados de Santiago, que teñen por obxecto facilitar a tramitación administrativa co Concello
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Economía, Facenda e Modernización da Administración Local, Marta Abal, asinou dous convenios de colaboración para o establecemento dun sistema de colaboración da administración tributaria entre o Concello de Santiago e os colexios de Economistas da Coruña, e de Avogados de Santiago. Segundo explicou Marta Abal, estes convenios "supoñen un avance máis no proceso de facilitar ás diferentes persoas usuarias dos servizos...
DEPORTES
O campo de fútbol do Sergas levará o nome de Suso Moure
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde o campo de fútbol do Sergas, acompañado da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa. O rexedor anunciou que o recinto deportivo levará o nome de Campo de fútbol Pena María-Suso Moure.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a Oferta de Emprego Público para 2021, na que destacan 12 novas prazas de policía local
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a Oferta de Emprego Público do Concello de Santiago de persoal funcionario para o ano 2021, que contempla un total de 23 prazas de quenda libre, das que dúas están reservadas para persoas con discapacidade; e cinco de promoción interna. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
TURISMO
Sindo Guinarte amosa no Fairway o compromiso do Concello coa sostibilidade turística
Nesta xornada do IV Forum do Camiño de Santiago, adicado ao eido máis profesional, tamén participou a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. Foi na mesa de debate titulada "Reactivando o Camiño de Santiago".
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio da Humanidade patrocinan a Gala dos Grammy Latinos dentro da campaña de promoción que levarán a cabo en Estados Unidos
O Grupo emprende unha viaxe de promoción internacional dirixido ao mercado americano con distintos eventos na Universidade de California; na gala e festa de entrega dos Premios Grammy e en accións específicas en Las Vegas. O presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, xunto coa alcaldesa de Baeza, Lola Marín, encabezan a delegación que tamén manterá unha reunión na NASA, con motivo do encontro de axencias espaciais que celebrarán en Baeza en 2022.
DEPORTES
Recepción ao Compostela Judo Club
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta tarde, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a unha representación do Compostela Judo Club, encabezada polo seu director, Javier Rial. No acto tamén estaban presentes a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Branca Novoneyra e Xan Duro, edís de Compostela Aberta; e a voceira do BNG local, Goretti Sanmartín.
EDUCACIÓN
Asinado o convenio de colaboración entre o concello e a USC, para a divulgación do "Programa universitario de maiores IV ciclo"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo asinou co reitor da USC, Antonio López, o convenio para a divulgación do "Programa universitario de maiores IV ciclo", para as que se recolle unha achega de 1.000 euros. En concreto, o citado convenio ten por obxecto sufragar os custos do deseño, impresión e distribución de material divulgativo, destinado as persoas participantes, tanto no proxecto "Destacando na Ciencia", como no programa de cuatro ciclo.
EMPREGO
O servizo gratuito de limpieza de pintadas en carpinterías de edificios do casco histórico xa supera as 25 solicitudes
O servicio gratuito de limpieza de pintadas en carpinterías de edificios do casco histórico, que puxo en marcha o concello de Santiago a pasada semana, xa supera as 25 solicitudes que afectan a máis de 75 elementos. Ata o de agora resolvéronse dez delas, cun balance de 28 elementos limpados e/ou pintados.
MEDIO AMBIENTE
O concello de Santiago participa no proxecto de educación ambiental para o cambio climático "Do Des-Equilibrio a Des-Carbonización"
O concello de Santiago participa no proxecto de educación ambiental para o cambio climático ""Do Des-Equilibrio a Des-Carbonización", unha proposta enmarcada nas actuacións que se veñen desenvolvendo desde o 2017 nos Centros Socioculturais en relación ao cambio climático. Unha actuación conxunta das concellerías de Medio Ambiente, de Centros Socioculturais, de Medio Rural e de Mocidade, con intervencións nos CSC de Vite, Lavacolla, Conxo, A Rocha, Sar, O Ensanche e Figueiras.