PLENO
Aprobada, nun pleno extraordinario, a conta xeral do concello de Santiago do ano 2020
O Pleno do concello de Santiago, reunido en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a conta xeral do ano 2020, cos votos a favor do Grupo Socialista e as abstencións do Grupo Popular, Compostela Aberta e BNG.
ACCIÓN CULTURAL
A Escola de Música de aCentral Folque presenta un novo curso
O venres 15 de outubro comeza un novo curso regular da Escola de Música d’aCentral Folque, que xa leva 21 anos de ensino en músicas populares galegas. Haberá aulas para todos os públicos e inquietudes en especialidades coma baile, sanfona, violino, gaita, canto, frautas, percusións, solfexo, análise musical de cancións tradicionais…A partir de xaneiro do 2022 haberá unha morea de cursos monográficos especiais e este ano inaugúrase a aula de acordeón piano na oferta educativa da escola, que foi presentada en rolda...
ACCIÓN CULTURAL
O ciclo de concertos e parolas "Flor Nova do Romanceiro Ibérico" arranca mañá nas parroquias rurais de Compostela
O II ciclo Flor Nova do Romanceiro Ibérico traerá esta manifestación literaria de carácter oral, transmitida desde finais da Idade Media atA os nosos días, ás parroquias rurais de Compostela, poñendo en valor o seu patrimonio. O programa desenvolverase os días 8, 9, 15 e 16 de outubro, e abrangue concertos, parolas e vídeos de divulgación para todos os públicos.
TURISMO
Santiago participa na primeira convención de Turespaña para acelerar a recuperación do turismo internacional
Turismo de Santiago reuniuse, entre outras, coas Oficinas Españolas de Turismo en EEUU, Alemaña, Xapón, Reino Unido, Francia, Austria e Suiza.
SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
A Policía Local súmase á campaña da DXT de vixilancia e control de camións e autobuses
O Concello de Santiago, a través da Policía Local, súmase un ano máis á campaña especial de vixilancia e control de camións e autobuses que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) entre o 11 e 17 de outubro.
COMERCIO
Chamamento para que os propietarios de pezas de prata e acibeche "singulares" as cedan para unha exposición que tería lugar o próximo verán
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu á xuntanza da "Comisión para o desenvolvemento do Plan Estratéxico Ourives de Compostela"; na que o concello de Santiago e a Deputación da Coruña amosaron o seu compromiso coa exposición sobre a pratería e a acibechería en Santiago, prevista para os meses de xuño, xullo e agosto de 2022.
ACCIÓN CULTURAL
O XXVI Festival Galicreques, no que colabora o Concello de Santiago, ofrecerá máis de 50 funcións a cargo de 25 compañías procedentes dunha decena de países
O Festival Internacional Galicreques celebrará máis de 50 funcións entre os días 9 e 17 de outubro. Deste xeito, o Galicreques volverá converter Santiago un ano máis na capital do teatro de monicreques. Ademais, recobrará o seu cariz máis internacional ao contar no seu programa con compañías e artistas de dez países diferentes: Xapón, Polonia, Brasil, Bélxica, Ecuador, Arxentina, EL Salvador, Francia, Portugal e España. Por outra banda, neste 2021, o festival recupera as funcións escolares...
COMERCIO
Volven esta fin de semana as actividades de dinamización comercial dentro da campaña #Eumercoaquí
O venres 8 e o sábado 9 volven as actividades de dinamización comercial ás rúas de Compostela dentro da campaña #Eumercoaquí para celebrar o comezo da temporada de compras de outono.
SMARTIAGO
O proxecto Smartiago, finalista dos premios Procura + Awards na categoría de compra pública e innovación
O proxecto Smartiago vén de ser seleccionado como finalista dos premios Procura + Awards, na categoría de "Compra pública e innovación do ano", xunto a Praga, a capital da República Checa, que presentou un proxecto BIM (Building Information Modeling), sobre a creación de innovación enerxética neta cero a través de adquisicións na construción.
ALCALDÍA
O concello de Santiago amosa o seu pesar polo falecemento de Valeriano Martínez
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os membros da Corporación Municipal, amosan o seu máis sentido pésame polo falecemento de Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia.