FESTAS
O Nadal xa loce en Compostela
Arrancou o Nadal en Compostela co acendido das iluminación e a posta en marcha do programa de actividades pensado para todos os públicos, entre elas, o Mercado de Carreira do Conde. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por máis membros da Corporación deu o pistoletazo de saída ao Nadal 2021.
ALCALDÍA
Máis de mil empresas de Compostela beneficiáronse das axudas convocadas polo Concello
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción por ter conseguido mobilizar 9 millóns de euros no último ano, 7 deles en axudas directas, para máis dun milleiro de empresas dos sectores comercial, hostaleiro e cultural.
XUNTA DE GOBERNO
48 entidades deportivas recibirán as axudas para o fomento do deporte federado convocadas polo Concello de Santiago
A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe as subvencións para o fomento do deporte federado, das que se beneficiarán 48 entidades deportivas compostelás que percibirán, en total, 300.000 euros.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local súmase á campaña de control de drogas e alcol da DXT
Dende o 6 ao 12 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local, que ten previsto anticiparse á entrada da campaña e realizar un mañá venres.
OBRAS
O departamento de Obras arranxou no que levamos de ano máis de 300 bancos e realizou labores de mantemento en máis de 150 beirarrúas
No que levamos de ano, o departamento de Obras realizou actuacións de mantemento en máis de 150 beirrarúas e arranxou máis de 300 bancos, 284 metros de pasamáns e 28 metros de barandas. Son datos ofrecidos polo concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, que en rolda de prensa tamén informou dos labores de mantemento en máis de 2.000 metros de sendas e a limpeza de case 4.000 metros cadrados de de superficie de fincas urbanas.
TURISMO
Turismo de Santiago confirma a súa aposta polo Nadal como atractivo turístico
Tralo éxito do ano pasado, Turismo de Santiago consolida as accións de Nadal, como a ruta "Luces e Voces da Alameda compostelá", un percorrido polo emblemático parque, acompañado de luz e cor ao longo das vindeiras festas
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Concello e Cámara convocan a XXII edición do Premio Manuel Beiras
Cada ano, nas semanas previas á entrega dos premios Manuel Beiras, desenvólvese unha campaña para lembrar a convocatoria, animar a que se presenten candidaturas e transmitir os obxectivos do premio. Neste 2021, as accións publicitarias xiran arredor do lema "Ti tes o poder" e buscan resaltar a capacidade do público consumidor para influír na escolla lingüística dos negocios, á vez que lles explica a estes que elixindo galego están dándolles valor estratéxico. Deron os detalles da campaña en...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a concesión e pagamento das axudas á restauración, hospedaxe e turismo, das que se beneficiarán 463 empresas e negocios de Santiago
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou hoxe a aprobación da concesión, xustificación e pagamento das "Axudas para o rescate da restauración, hospedaxe e turismo do Concello de Santiago afectado pola crise da covid-19. Anualidade 2021". Desta convocatoria, á que se presentaron 610 solicitudes, beneficiaranse 463 empresas e negocios compostelás que percibirán 1.747.105 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O alcalde participa na maratón de lectura organizada pola Fundación Granell e adicada a Francisco García Lorca
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participaron este mediodía na Maratón de lectura organizado pola Fundación Eugenio Granell e adicada a Francisco García Lorca, irmá menor de Federico e como el, integrante da xeración do 27. Durante o acto puideron conversar, vía telemática, coa filla de Francisco, Gloria García-Lorca.
FESTAS
O Nadal arranca este venres en Compostela con actividades para todos os públicos
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, deu conta das actividades máis relevantes do Nadal de 2021, no que, cun ollo posto na evolución da pandemia, recupera a festa de Fin de Ano e a Cabalgata de Reis.