XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal duplica a partida para as bolsas de comedor escolar
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e a realización de actividades escolares. A partida para esas axudas será dun total de 360.000 euros. O alcalde salientou o incremento desta consignación, "que en 2015 era inicialmente de 135.000 euros e que o actual Executivo incrementou ata os 170.000". Ademais, Martiño Noriega explicou que, por vez primeira, concederanse axudas para a compra de material e para actividades extraescolares.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Infantil de Conxo celebrou a primavera e o Día das Letras Galegas
Logo dun colaborativo traballo de días nos que xuntaron esforzos as familias, os nenos e nenas e os profesionais, a Escola Infantil Municipal de Conxo celebrou o seu particular Día das Letras Galegas. Foi unha xornada na que quedou de relevo a importancia de manter vivas as tradicións e os sinais colectivos da cultura de Galicia.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Santiago acolle o Northwest Startup Day
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois presentou o Northwest Startup Day (NOS Day), que se celebrará o vindeiro sábado 28 de maio no Palacio de Congresos. A concelleira estivo acompañada por dous dos organizadores do evento, David Pombar, CEO de SetPay, e Paloma Barreiro, directora de Barrabés Galicia.
ESPAZOS CIDADÁNS E DEREITO Á VIVENDA
O Concello de Santiago pon en marcha o Plan de Vivenda Baleira para facilitar o seu alugueiro a prezos accesibles
O Concello de Santiago vai poñer en marcha un Plan de Mobilización de Vivenda Baleira, co obxectivo de facilitar o seu alugamento. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe do inicio da primeira fase deste programa, que lle foi encargado á cooperativa de servizos sen ánimo de lucro SUMAE. Na rolda de prensa, Jorge Duarte estivo acompañado por Iker San Román, director da Área de Vivenda e Intervención Urbana de SUMAE e exdirector xeral do Servizo Vasco de Vivenda (Etxebide).
MOBILIDADE
As negociacións do convenio da estación intermodal continuarán a próxima semana
O próximo mércores, 25 de maio, celebrarase en Madrid a reunión entre o Ministerio de Fomento, ADIF, a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta e o Concello, para tratar de pechar o convenio da estación intermodal. Confirmouno o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, que se amosou convencido de que será posible asinar o acordo nas próximas semanas.
PLENO
A Corporación pídelle á Xunta de Galicia que se corresponsabilice na problemática que afecta ás persoas sen teito
O Pleno da Corporación acordou esta tarde instar á Xunta de Galicia a que se corresponsabilice na posta en marcha de políticas públicas para abordar as problemáticas que afrontan as persoas sen teito.
PLENO
O Pleno acorda realizar as xestións para a recuperación de catro quioscos da cidade
O Pleno da Corporación acordou por unanimidade realizar os contactos precisos para a recuperación de catro quioscos da cidade. Actualmente hai cesión de uso público para instalacións vinculadas a Cogami, que entrou en vía concursal. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, salientou que aínda que "se trata dun exemplo de cuestións que competencialmente son de Xunta de Goberno", comparte "o fondo da iniciativa".
LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
Compostela súmase á celebración do centenario das Irmandades da Fala
O Concello de Santiago súmase á celebración do centenario das Irmandades da Fala, e faino cun amplo programa de actividades que hoxe presentaron o alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. No acto tamén participaron familiares de Luis Porteiro Garea, fundador da Irmandade da Fala de Santiago.
POLÍTICAS SOCIAIS
Área Central acolle a IV edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá a cuarta edición do mercadiño solidario Trócame-Roque, que dende 2013 organiza a rede comunitaria de Fontiñas. Na rolda estivo acompañada de representantes das entidades que participan na organización do evento.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Foro da Innovación para o Emprego 2016 xestionará arredor de 100 postos de traballo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o FIE 2016, que terá lugar os próximos 15 e 16 de xuño no Palacio de Congresos e Exposicións.