TURISMO

Turismo de Santiago edita a Guía de Calidade Turística

18/05/2009

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) concedeu a finais de 2008 un total de 142 distintivos de calidade turística en Santiago, que estarán en vigor en 2009. É o número máis alto logrado ata agora por Compostela, que se sitúa como cuarto destino con maior número de distincións entre os máis de cen destinos españois adscritos ao SICTED. Estas empresas aparecen agora recollidas na Guía de Calidade Turística, da que se repartirán 3.000 exemplares.

Leer más

XUVENTUDE

O IES Rosalía de Castro acolle a experiencia piloto "InformaXove’09" ao longo da mañá do martes

18/05/2009

Ao longo dos últimos meses estase a desenvolver un conxunto de iniciativas que procuran dar resposta aos intereses e demandas dos mozos de Compostela. Nesta ocasión, no IES Rosalía de Castro, realizarase unha experiencia piloto, InformaXove’09. Trátase de que ao longo da mañá grupos de estudantes dese centro participen en catro sesións de traballo sobre educación afectivo sexual, voluntariado, Programa Europeo Xuventude en Acción e xuventude e cidadanía.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Concello renova o seu compromiso coa normalización social da lingua galega

16/05/2009

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, acompañada pola concelleira de Cultura, Socorro García Conde, presentou a declaración institucional que, 25 anos despois da "Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Santiago de Compostela", realiza o Concello. Aprobada previamente en Xunta de Goberno extraordinaria, este documento demanda o impulso social da lingua galega e reitera o compromiso adquirido polo Concello no proceso de normalización da lingua.

Leer más

ALCALDÍA

O vieiro de Cornes integra o cuarto xiro na trama urbana da cidade

16/05/2009

O vieiro do polígono 1 do SUP-2 de Cornes, inaugurado polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, permitirá integrar na trama urbana da cidade a obra do cuarto xiro de Cornes do periférico. Ademais, servirá de novo punto de acceso dos novos polígonos, da rúa Sánchez Freire e Pontepedriña ao periférico. É tamén un enlace alternativo para o tráfico mentres duren as obras do túnel do Hórreo.

Leer más

LETRAS GALEGAS

Ábrese a primeira zona oficial adscrita ao Libro-Libre en Compostela

16/05/2009

O Centro de Interpretación Medioambiental da Alameda foi o espazo escollido como a primeira zona adscrita ao Libro-Libre en Santiago. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, uniuse a esta iniciativa e liberou libros neste lugar, no marco dos actos de A Revolta das Letras, con motivo do Día das Letras Galegas.

Leer más

PERSOAL

O Concello, pioneiro no desenvolvemento da carreira horizontal nas administracións galegas

15/05/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os representantes dos sindicatos asinaron e deron a coñecer o acordo regulador e convenio colectivo do persoal ao servizo do Concello de Santiago. Este acordo, pioneiro no desenvolvemento da carreira horizontal nas administracións públicas galegas, contempla tamén melloras para a conciliación da vida laboral e familiar, axudas sociais e medidas de fomento do emprego, ao incentivar a xubilación anticipada.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Banda Municipal ofrece un concerto especial dentro dos actos da Festa das Letras

15/05/2009

O domingo 17, Día das Letras Galegas, a Concellería de Normalización Lingüística, preparou unha Festa das Letras, que se celebrará no Teatro Principal por mor das previsións meteorolóxicas (inicialmente estaba prevista no parque de Bonaval). Este acto, enmarcado no programa Maio das Letras, contará coa participación dos escolares e coa actuación especial da Banda Municipal de Música.

Leer más
Compartir: