XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba novos investimentos en programas de inserción social, emprego e envellecemento activo
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, deu conta de varias subvencións que permitirán a posta en marcha de diversos programas en materia de envellecemento activo, inserción social ou prevención da drogododpendencia. Ademais, prorrogouse o contrato de atención domiciliaria á infancia por un ano máis.
URBANISMO
Asinada a cesión de espazos que permitirá a demolición das terrazas de Vista Alegre
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, reuniuse en Raxoi con 18 presidentes de comunidades de veciños de Vista Alegre para a sinatura da cesión do espazo das terrazas. A eliminación das devanditas terrazas é unha vella reivindicación do barrio polos problemas de accesibilidade e mesmo de humidade que supoñen. O proxecto está en fase de redacción.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"O señor das dunas", un contacontos de area para todos os públicos no CSC das Fontiñas
O sábado 19, ás 18:00 horas, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá o espectáculo para O señor das dunas, un contacontos dirixido a todos os públicos, dende os nenos e as súas familias ata os máis vellos da casa. Esta actividade forma parte do programa FalaRedes, realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para as entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística.
CULTURA
Doce concertos compoñen a variada oferta de estilos do ciclo Sons 2013 para os cinco primeiros meses do ano
O director-xerente do Auditorio de Galicia presentou a programación do ciclo Sons 2013 para os meses de xaneiro a maio. Unha variada oferta de sons con diferentes estilos, procedencias e xéneros compoñen esta proposta musical, que comeza co espectáculo Orígenes: el bolero, de Café Quijano, o sábado 26 de xaneiro no Teatro Principal.
MERCADOS
Reunión da comisión de seguimento das obras do Mercado de Abastos
Celebrouse no Edificio Cersia e mediante videoconferencia unha nova reunión da comisión de seguimento das obras de remodelación do Mercado de Abastos. A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, representantes do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia e membros da empresa construtora participaron na xuntanza, na que se deu conta da marcha das obras e se realizaron propostas para o axuste de anualidades en relación co programa das obras.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unhas 6.700 prazas dispoñibles nas actividades con inscrición dos centros socioculturais para o primeiro semestre
A Concellería de Centros Socioculturais presenta para o primeiro semestre de 2013 unha variada oferta de actividades en torno á animación sociocultural, a educación, as artes, a participación cidadá, as novas tecnoloxías, a lectura e o tempo libre. O titular do Departamento, Francisco Noya, deu conta das principais propostas para este período no que se segue apostando polo rural e no que se manteñen os prezos para as actividades de pago respecto a 2012.
URBANISMO
O Rexistro de Urbanismo recibe en case un ano o 47% dos escritos da área
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informou en rolda de prensa dos datos de concesión de licenzas de obra para vivendas durante o ano 2012. En total, concedéronse 194 licenzas, fronte ás 660 concedidas en 2011. Salienta a drástica diminución dos permisos solicitados para vivenda colectivas, mentres que, pola contra, se incrementaron as licenzas para rehabilitación.
ALCALDÍA
Emocionada homenaxe ao Rei Gaspar
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a homenaxe que se lle realizou no salón vermello a Manuel Formoso, quen durante 38 anos veu facendo de Rei Gaspar na tradicional Cabalgata dos Reis Magos.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os representantes da Asociación do Pobo Xitano
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a Asociación do Pobo Xitano. Na reunión tamén participou a concelleira María Pardo.
INFORMÁTICA
Amelia González aposta por seguir incrementando e mellorando os servizos da plataforma electrónica municipal
A concelleira de Réxime Interior, Persoal, Informática, Consumo e Atención ao Cidadán, Amelia González, clausurou o curso "Sociedade da Información en Galicia: eficiencia e aforro de custos nos servizos públicos", organizado pola Cámara de Comercio de Santiago.