XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude e a USC únense para facilitar a busca de emprego para os máis novos en Canadá
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañada polo vicerreitor de Estudantes da USC, Francisco Durán, expuxo os principais puntos do acordo, que facilita o visido a Canadá para mozos, co fin de que encontren unha oportunidade laboral. O vindeiro 29 de maio ás 18h a Casa das asociacións de Cornes acolle unha charla aberta impartida polaagregada de educación e cultura da Embaixada de Canadá en España para que todos os interesados recaben a información que necesiten.
COMERCIO
Campostela xa ten o seu Paseo das Estrelas en homenaxe ao pequeno comercio
A rúa Xeneral Pardiñas, no tramo entre as rúas Montero Ríos e República Salvador, loce diferente: desde agora conta cun Paseo das Estrelas do comercio compostelán. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada de representantes das asociacións de comerciantes da cidade, e de moitos dos premiados e os seus familiares, que se acercaron para poder ver a súa propia estrela, inauguraron o paseo.
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
O Concello adhírese á rede Civitas que promove a mobilidade sostible
A concelleira de Urbanismo e Desenvolvemeto Sostible, María Pardo, asistiu en Santander ao IV Foro Civitas España. Previamente, o Concello de Santiago acordou, na sesión da Xunta de Goberno do 8 de maio, a adhesión da cidade á Asociación Rede Civinet España e Portugal
TURISMO
A Área Santiago celebrará a súa constitución formal cunha selección da súa gastronomía
A Gastronomía, o Camiño de Santiago e os ríos Ulla e Tambre, cos seus afluentes, son os principais polos de atracción da Área Santiago.
BENESTAR SOCIAL
O Concello colabora coa Asociación Española contra o Cancro
O alcalde, Ángel Currás, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asisten á gala benéfica contra o cancro que se celebra no Hotel Monumento, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro. Os beneficios xerados serán utilizados para continuar e mellorar as liñas de investigación da asociación.
DEPORTES
Inaugurouse a primeira edición do Curso de Dereito do Fútbol no Auditorio deGalicia
O curso, organizado pola Federación Galega de Fútbol, con máis de cen persoas inscritas, celebrararase durante toda a fin de semana. Os asistentes poderán gozar das copas de Europa e do Mundo cedidas pola Federación española expresamente para a celebración deste acto.
ECONOMÍA
O Cersia acolle o I Encontro de de Xuristas e Executivos e Executivas pola corresponsabilidade
A concelleira de Economía, Reyes Leis, exerceu de anfitriona na inauguración do encontro, que se celebrou no edificio Cersia de San Lázaro e que contou coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
COMERCIO
O Concello acolle unha nova xuntanza da Mesa do Comercio
A Mesa do Comercio compostelán, composta polas administracións e polo axentes vinculados co sector comercial da cidade, reuniuse hoxe pola mañá no Pazo de Raxoi. Dende o Concello informouse aos compoñentes da Mesa das actividades de dinamización comercial previstas para o mes de xuño, logo de que precisamente hoxe rematasen as actividades dos Premios do Comercio.
BENESTAR SOCIAL
O Día da Familia celebrarase finalmente na Praza Roxa
As actividades que a Concellería de Benestar Social organiza este sábado para celebrar o Día Internacional da Familia terán lugar finalmente na praza Roxa dado que a predicción meteorolóxica para a fin de semana anuncia sol e temperaturas agradables.
BENESTAR SOCIAL
Á venda as entradas para CantaJuego, que estará en Santiago con motivo do Día Internacional do Neno
Grupo EnCanto visita de novo Santiago de Compostela para facer gozar coas súas músicas e coreografías aos máis pequenos, desta volta co seu novo show "A divertirse". O espectáculo, promovido por XADE, estará no Palacio de Congresos o sábado 16 de novembro en dúas sesións, ás 16:30h e ás 19h, grazas á colaboración da Concellería da Área de Servizos Sociais do Concello de Santiago, que o incorpora dentro do programa de actividades que celebrará con motivo do Día do...