DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O I Salón Caroutlet Motorocasión exhibirá 400 vehículos en oferta do 27 ao 29 de maio

23/05/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o I Salón Caroutlet Motorocasión, acompañada do seu director, José Enrique Elvira. O evento celebrarase o venres 27, o sábado 28 e o domingo 29 no recinto feiral de Amio e acollerá nun mesmo espazo os coches de ocasión de toda a área de Santiago.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Santiago acollerá en xuño a 19ª Conferencia Europea de Matemáticas para a Industria

23/05/2016

A concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi a 19ª Conferencia Europea de Matemáticas para a Industria (ECMI 2016), congreso europeo que se celebra cada dous anos e no que se presentan os avances máis importantes en matemática aplicada á industria, reunindo a representantes do ámbito científico, universitario e industrial de todo o continente.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago destinará este ano 100.000 euros en axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica

23/05/2016

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No marco da xuntanza, aprobouse a convocatoria de axudas do Programa Localízate, dirixido á mellora da accesibilidade e da eficiencia enerxética, á mellora da imaxe exterior e ao acondicionamento interior dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago. O Consorcio destinará este ano a este programa un total de 100.000 euros.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Galería Sargadelos acolleu outras dúas sesións de contos para bebés

21/05/2016

A Galería Sargadelos acolleu, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, unha sesión de contos pensada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deulle a benvida aos asistentes a esta xornada lúdica, denominada "Do berce á lúa: sesión de contos para bebés". Participou a Banda de Iniciación da Escola de Música.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago avanza cara a municipalización da ORA e do guindastre

20/05/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitarlle á empresa Tussa un estudo sobre a viabilidade de asumir a xestión directa da ORA e do guindastre. Trátase dun novo paso de cara á municipalización deses servizos públicos, despois de que os informes económicos e xurídicos encargados polo Executivo local avalaran esa posibilidade.

Leer más

DEPORTE E TURISMO

Dous mil atletas populares tomarán as rúas de Compostela este sábado na SantYaGo10K

20/05/2016

Este sábado celébrase a segunda edición de SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, que reunirá a preto de 2.000 atletas populares de Santiago, Galicia e resto de España. A carreira comezará ás 22:30 horas en San Francisco. Os corredores comezarán a chegar á meta no Obradoiro a partires das 23:00 horas. A carreira repartirá máis de 1.700 euros en premios e 60 trofeos.

Leer más
Compartir: