CONSORCIO
O Consorcio de Santiago vai rehabilitar a fachada nobre do Pazo de Raxoi, que incluirá ademais a mellora da eficiencia enerxética do edificio
O investimento no tecido residencial será de 600.000 €, o que supón un incremento do 47% con respecto a 2021 e do 79% en relación a 2020. Ao programa de rehabilitación e mantemento vanse dedicar 1.798.579,88 € e ao de dinamización cultural e turística 5.813.016,90 €
TURISMO
O Belén de San Fiz de Solovio acada récord de visitantes con máis de 8.000 persoas en dúas semanas
Trátase dunha das accións impulsadas por Turismo de Santiago no marco das actividades para consolidar o Nadal como atractivo turístico.
OBRAS
Os traballos de rexeneración asfáltica e mantemento realizados este ano pola Concellaría de Obras permitiron renovar o firme dunha vintena de rúas da cidade
O concello de Santiago, a través da Concellaría de Obras, destinou, en 2021, case un millón e medio de euros, á rexeneración asfáltica e mantemento de viarios da cidade. Asfaltáronse unha vintena de rúas completas, ao mesmo tempo que se realizou un laborioso traballo de conservación do firme da zona urbana.
PARQUES E XARDÍNS
O Departamento de Parques e Xardíns do Concello acondiciona a praza e o estanque do parque das Cancelas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, visitaron esta tarde a praza, trala remodelación da zona dos estanques. A mellora deste espazo permitirá a súa recuperación para a realización actividades culturais ao aire libre, dado que conta con escenario e gradas.
EDUCACIÓN
Publicación da listaxe de persoas admitidas no programa municipal de conciliación de Nadal 2021
O Departamento de Educación do Concello de Santiago realizará o programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2021 (días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións dos CEIP Monte do Postes e CEIP Quiroga Palacios, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.
IGUALDADE
O Concello de Santiago recorda a importancia de ter en consideración os roles de xénero á hora de mercar os agasallos de Nadal coa campaña E ti, a que xogas?
A concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a campaña de sensibilización "E ti, a que xogas?", deseñada por Compostela Territorio das Mulleres, para chamar a atención da sociedade compostelá sobre a importancia capital que teñen os xoguetes que reciben as crianzas como agasallo de Nadal á hora de construír unha cidade e un mundo máis igualitarios.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Xeoportal do Concello de Santiago presenta novas funcionalidades que facilitan o acceso á información urbanística e cartográfica
A versión mellorada do Xeoportal do Concello de Santiago foi presentada pola concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada polo xefe da sección de Cartografía do Concello de Santiago, Rogelio Canedo.
EDUCACIÓN
Concerto da Escola Municipal de Música na Aula Hospitalaria do CHUS
O alumnado da Escola Municipal de Música deu onte pola tarde o primeiro recital do ciclo de concertos previsto na Aula Hospitalaria do CHUS, no marco de colaboración existente entre o Departamento de Educación do concello de Santiago de Compostela e o Hospital Clínico Universitario de Santiago. Na sesión participaron as alumnas de arpa Helena e Ana Fórneas, e Lía Carracedo xunto coa súa profesora Bleuenn Le Friec.
COMERCIO
Mañá arranca o programa de dinamización comercial de Nadal no mercado de Salgueiriños
As actividades de dinamización comercial deste Nadal visitarán tamén o mercado de Salgueiriños e o barrio de San Pedro cun variado programa de actuacións. Mañá, xoves 16, Pulpiño Viascón dará o pistaletazo de saída ás 12.00 h co espectáculo "Xouman" no mercado de Salgueiriños.
FESTAS
Programa de Nadal 2021: Nadal sobre Rodas
O precioso autobús inglés de dous pisos, de Nadal sobre Rodas percorrerá do 4 de decembro ao 5 de xaneiro as diferentes rúas e prazas da cidade que acollerán divertidos obradoiros de cociña e actuacións musicais de balde para animar as xornadas de compras de Santiago de Compostela!