XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a ampliación do prazo de renovación das autorizacións de venda ambulante e as bases do XIV Premio Compostela para Albums Ilustrados
A Xunta de Goberno Local aprobou ampliación do prazo de presentación de solicitudes de renovación anual das autorizacións para o exercicio da venda ambulante na vía pública polo periodo que vai dende o 15 de febreiro de 2021 ata o 15 de maio de 2021. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes, acompañadas da documentación esixida polo Regulamento de Venda Ambulante que inclúe a autoliquidación da taxa correspondente (Ordenanza Fiscal 3.24 ), un trámite que poden realizar na Oficina de...
IGUALDADE
Minuto de silencio polas dúas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas últimas mulleres asasinadas en Sestao (Biskaia) e en Maxadahonda (Madrid), vítimas da violencia machista.
EDUCACION
A Rede de Escolas Infantís Municipais celebra o entroido
Os nenos e nenas da Rede de Escolas Infantís Municipais celebraron, nun ambiente festivo e con distinta actividades, un Entroido atípico. Este ano a gran diferenza foi que as familias non puideron asistir, por mor das restricións impostas debido a COVID, pero iso non impediu que que as festas se desenvolveran con normalidade nas E.I.M. de Conxo, das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños.
TURISMO
Os Xenerais da Ulla celebran o Entroido a través de Internet
O Entroido dos Xenerais da Ulla é a única Festa declarada de Interese Turístico de Galicia que abrangue máis dun concello, en concreto oito concellos da Comarca da Ulla.
ALCALDÍA
O alcalde constata a evolución positiva das cifras de covid no municipio pero salienta que "aínda seguen sendo moi preocupantes"
Xosé Sánchez Bugallo, no repaso semanal á actualidade municipal, confirmou a "evolución claramente positiva" dos casos de covid na cidade e salientou que esta baixada, ademais, se está producindo desde o luns a un ritmo máis rápido que nos días anteriores.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio aproba a elaboración dunha guía gastroturística
A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade reuniuse hoxe de forma telemática baixo a presidencia do alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, para impulsar novas iniciativas de promoción turística a partir do mes de maio. Tamén participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, trala incorporación de Santiago á executiva.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Últimos días para inscribirse nas actividades do Entroido 2021 da Rede de CSC e no concurso fotográfico "O disfrace invisible"
O 16 de febreiro péchase o prazo para inscribirse no "Concurso de disfraces en Rede" posto en marcha pola concellaría de Centros Socioculturais; e tamén ao concurso fotográfico "O disfrace invisible", no que colabora o Concello a través dos departamentos de Acción Cultural e de Festas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda a execución forzosa das medidas de seguridade requeridas para as persoas e bens, ante a situación na que se atopa o muro do Pombal
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, baseándose nos informes técnicos emitidos con relación ao colapso e situación do noiro de remate da finca localizada na rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, acordou a execución forzosa das medidas de seguridade requeridas para as persoas e bens, dada a situación actual de perigo no muro do Pombal e da urxente necesidade de acometer obras para solventala. Hoxe mesmo se produciu un novo desprendemento.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros de Santiago realizaron o ano pasado máis de 1850 intervencións
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xefe do Servizo de Extención de Incendios e Salvamento de Santiago de Compostela, Manuel Sanmartín, deron conta en rolda de prensa da memoria de actividades do corpo durante o pasado ano 2020.
ALCALDÍA
O alcalde destaca os avances nas liñas de actuación recollidas no Acordo do Foro Cívico
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte; e de Medio Ambiente, Mila Castro, participou na reunión, vía telemática, do Foro Cívico, na que explicou, repasaron os compromisos acadados. O rexedor destacou que os presentes na xuntaza recoñeceron os avances que se están producindo nas cinco liñas de actuación recollidas no "Acordo do Foro Cívico" asinado na Cámara de Comercio compostelá en maio de 2019.