CULTURA

Sumrrá celebra en Sons da Diversidade dez anos na elite do jazz de vangarda

19/01/2010

O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, celebra o sábado 23 de xaneiro o terceiro concerto da temporada 2009-2010. O Auditorio de Galicia acolle ás 21:00 horas a actuación de Sumrrá, un trío galego que practica o jazz máis innovador. Presenta o seu cuarto disco, no que volven apostar por un son de vangarda, cheo de forza e dramatismo. O prezo da entrada é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Unha nova edición do Obradoiro do Espectador achega o público ás artes escénicas contemporáneas

19/01/2010

A Concellería de Cultura e Centros Socioculturais e a compañía Chévere, residente na Sala Nasa, desenvolverán nos meses de xaneiro, febreiro e marzo a terceira edición do Obradoiro do Espectador. Trátase dunha actividade que ten por obxectivo achegar o público ás artes escénicas contemporáneas, proporcionándolles aos espectadores coñecementos para unha maior comprensión e diversión.

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

O Concello do Prat de Llobregat interésase pola rexeneración da Cidade Histórica de Santiago

19/01/2010

O Concello do Prat de Llobregar convidou o Concello de Santiago a participar na xornada Os plans de barrio como instrumento de desenvolvemento económico da cidade, que se celebrará o 20 de xaneiro na na localidade catalá. A concelleira da Cidade Histórica, Olga Pedreira, acompañada do xefe de área de Rehabilitación, Fernando Tobío, darán conta do relatorio O proxecto de rexeneración da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, co que exporán e explicarán o caso compostelán.

Leer más
Compartir: