ALCALDÍA
O alcalde cualifica coma "un menosprezo a Santiago" os orzamentos da Xunta
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou os orzamentos da Xunta, recentemente presentados publicamente, coma "os peores orzamentos nos últimos anos" e "un menosprezo a Santiago como capital de Galicia". Recordou que a cidade vai recibir 48,9 millóns de euros, "un 50% menos que hai un ano e un 70% menos que hai dous anos".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Turgalicia non pode deixar caer o contrato de Ryanair"
"Sería gravísimo que se perderan estas rutas", indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo a propósito do anuncio de Ryanair de suprimir as conexións internacionais que opera dende o aeroporto de Lavacolla. Por isto, indicou que "Turgalicia non pode deixar caer este contrato".
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle unha exposición de óleos dun curso da Asociación de Mulleres Progresistas "Alba"
A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes, rúa Manuel Beiras, 3) unha exposición da Asociación de Mulleres Progresistas "Alba". A mostra exhibe os traballos realizados polas participantes no Curso de Pintura ao Óleo promovido pola devandita asociación.
EDUCACIÓN
Os nenos e nenas das escolas infantís de Santiago tamén peregrinan este Ano Santo
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou a peregrinación 4.004 pasiños, que realizarán os nenos e nenas das escolas infantís municipais de Santiago: As Fontiñas, Conxo, San Roque e Tambre. O percorrido farano o venres 22 de outubro, a partir das 10:30 horas. Ao remate, na praza do Obradoiro, serán recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
TRANSPORTES
O concelleiro de Transportes reclama á Xunta que retome a iniciativa para recuperar os voos internacionais de Ryanair
O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, compareceu en rolda de prensa para analizar o anuncio de Ryanair de retirar os voos que dende Lavacolla operaba cara Roma, Frankfurt e Londres. Cualificou esta noticia "un importante prexuízo para Santiago e unha discriminación máis da Xunta con Santiago de Compostela".
ALCALDÍA
Novo centro de formación para o emprego no polígono do Tambre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración no polígono do Tambre do novo centro de servizos centrais e formación de FOREM Santiago (Formación para o Emprego).
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O grupo ANATOLE elaborará unha guía de boas prácticas para facilitar os mercados de proximidade e as economías locais
As entidades que integran o Proxecto ANATOLE, entre as que figura a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, elaborarán unha guía de boas prácticas co obxectivo de facilitar aos territorios de incidencia do proxecto a posta en marcha de mercados de proximidade, e contribuír así a un maior desenvolvemento das economías locais. Acordouse na reunión celebrada en San Sebastián, á que asistiu o concelleiro Xosé Manuel Iglesias.
ALCALDÍA
O Concello colabora con Proxecto Home mediante a achega de 30.000 euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 29.751 euros para o desenvolvemento dos programas da entidade.
CULTURA
"Cores litúrxicas. Obras para órgano de Manuel Cela", novo volume da colección Órganos de Compostela
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o terceiro volume de Órganos de Compostela, titulado Cores litúrxicas. Obras para órgano de Manuel Cela e congratulouse de poder colaborar na posta en valor da "música de calidade vinculada aos órganos da cidade".
CIRCULACIÓN VIARIA
Preto de 1.000 nenos participarán na Caravana de Educación Viaria
O Concello de Santiago e o Instituto de Seguridade Viaria da Fundación Mapfre presentaron a Caravana de Educación Viaria, que estará instalada ata o sábado 23 de outubro a carón do Estadio de San Lázaro.