EDUCACIÓN
Roteiro da Escola Municipal de Música para homenaxear a Xela Arias
O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, no seu afán vertebrador de todas as artes, teñen previsto a celebración dun roteiro no Predio de Vista Alegre esta tarde no marco do Día das Letras Galegas. Nel sucederanse diferentes actuacións musicais que acompañarán o recitado de poemas de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano.
ALCALDÍA
Mañá abre o prazo de 10 días naturais para solicitar a autorización de venda ambulante de temporada e de bens de artesanía
Os acordos da Xunta de Goberno polos que se aproban as bases reguladoras da venda ambulante de tempada e de bens de artesanía saen publicado hoxe no BOP, polo que a partir de mañá, mércores 26 de maio, abre un prazo de 10 días naturais para que os interesados poidan solicitar a devandita autorización.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local toma coñecemento dun informe de diagnose dos muros de Fontiñas, que recolle as reparacións urxentes e un plan de mantemento
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, tomou coñecemento dun informe de diagnose dos muros de Fontiñas, no que se recollen as reparacións urxentes e o plan de mantemento dos mesmos. Tamén deu luz verde ao Campamento de Verán de Surf en Oleiros, do que hoxe se abre o prazo de inscrición, e aprobou a adsrición temporal á concellaría de Acción Cultural, por dous anos, do inmoble situado na rúa do Preguntoiro, número 1, que se destinará a actividades relacionadas coa imaxe cultural do concello de Santiago....
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Zaragoza, vítima da violencia machista.
MOBILIDADE
Arranca a intermodalidade no centro de Santiago coa posta en funcionamento da nova estación de autobuses
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, entre outras autoridades, asistiron esta mañá ao acto de inauguración da nova estación de autobuses, na remodelada rúa de Clara Campoamor. Coa posta en marcha do novo equipamento, arranca o ámbito da intermodal, que se completará coa entrada en funcionamento do tren de alta velocidade, a estación do AVE e...
DEPORTES
O estadio Vero Boquete acolle o Maratón Autonómico Urbano Special Olympics, no que participan 49 deportistas
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu o pistoletazo de saída ao "23 Maratón Autonómico Urbano Special Olympics Galicia Santiago de Compostela 2021", que se celebra no estadio Vero Boquete. Esta nova edición conta coa participación de 49 deportistas con discapacidade intelectual, que están acompañados por 11 adestradores.
EDUCACIÓN
Os máis pequenos celebran a festa dos Maios
A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago de Compostela formada pola E.I.M. de Conxo, a E.I.M das Fontiñas e a E.I.M de Meixonfrío- Salgueiriños está dedicando esta semana do 18 ao 21 de maio a celebrar a festa das Letras Galegas e a festa dos Maios, tal e como se prevé no seu proxecto educativo.
ALCALDÍA
Santiago presentará a súa oferta turística en París da man do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou esta mañá en rolda de prensa que a cidade presentará a súa oferta turística en París, xunto co Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, o vindeiro martes 25 maio, nun acto ao que asistirá a ministra de Turismo, Reyes Maroto.
TURISMO
A Organización Mundial do Turismo elixe a Santiago como exemplo internacional para a recuperación turística
A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, participou no Foro internacional dedicado á "Recuperación Turística", que a Organización Mundial do Turismo (OMT) organiza no marco de Fitur. A OMT, organismo das Nacións Unidas encargado da promoción dun turismo responsable, sostible e accesible, escolleu ao Plan de Reactivación Turística elaborado por Turismo de Santiago como exemplo mundial de boas prácticas para a recuperación do turismo.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista: tres mulleres asesinadas en Laviana (Asturia), Creixell (Tarragona) e Corbera de Llobregat (Barcelona).