FESTAS

A Banda Municipal de Santiago e Viravolta Títeres, protagonistas da xornada do mércores 29 das festas do Apóstolo

28/07/2015

A xornada do mércores 29 poderemos escoitar a Banda Municipal de Música da cidade, que lle poñen música en directo a Peer Gynt xunto cos monicreques da compañía Viravolta Títeres. Trátase dunha actividade que, ademais de estar dentro da programación das festas do Apóstolo, inaugura o programa Verán na rúa, que ofrece distintas propostas ao longo do mes de agosto en prazas e rúas da cidade. O espectáculo, de entrada libre e dirixido a todos os públicos, comezará...

Leer más

FESTAS

Fusión de música electrónica e tradicional balcánica da man de Kiril Djaikovski na xornada do martes das festas do Apóstolo

27/07/2015

As festas do Apóstolo continúan ofrecéndonos actividades variadas e música chegada desde diversas partes do mundo. Tras o concerto de Lila Downs o luns, na xornada do martes teremos a posibilidade de escoitar a fusión da música electrónica coa música tradicional balcánica da man do macedonio Kiril Djaikovski. Será a partir das 22:00 horas na praza da Quintana e con entrada libre.

Leer más

FESTAS

A orixinal mestura de estilos de Lila Downs cativou o público que encheu a Quintana

27/07/2015

As festas do Apóstolo entran na súa recta final. Esta primeira xornada da última semana de festexos pechouse co concerto de Lila Downs, que tocou en Santiago os temas do seu último disco, Balas y chocolate, baseado na particular relación que os mexicanos teñen coa morte, combinados con algúns dos seus máis coñecidos éxitos e coas súas particulares versións de cancións tradicionais.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres un concerto na praza da Quintana no marco das festas do Apóstolo

27/07/2015

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá praza da Quintana acollerá este venres, 31 de xullo, un concerto dirixido polo mestre galego Diego García Rodríguez, ás 21:00 horas. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal. A actuación cancelarase en caso de choiva.

Leer más

FACENDA

O Concello de Santiago colaborará co Consello de Contas de Galicia na fiscalización das contas municipais do exercicio 2013

27/07/2015

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, dentro do seu Plan de Traballo para 2015, acordou fiscalizar as contas anuais e o estados contables do Concello de Santiago. Así llo vén de comunicar o ente fiscalizador ao alcalde compostelán, Martiño Noriega, nunha reunión mantida durante a mañá de hoxe. Noriega recibiu o informe do Consello e manifestou a "total dispoñibilidade do actual Goberno municipal para colaborar co Consello de Contas".

Leer más

FESTAS

O Día de Padrón e o concerto de Lila Downs na xornada do luns nas festas do Apóstolo

26/07/2015

Como xa é tradicional nas festas do Apóstolo, toca celebrar o Día de Padrón en Santiago, do mesmo xeito que na Pascua padronesa se conmemora anualmente o Día de Santiago. Ademais, nesta xornada do luns 27 poderemos escoitar a Lila Downs na praza da Quintana ás 22:00 horas. No concerto, que será de entrada libre, a mexicana preséntanos o seu último traballo: Balas y chocolate.

Leer más

FESTAS

Outra exitosa edición do Día do Traxe Galego

26/07/2015

As festas do Apóstolo continuaron este domingo coa XXXVI edición do Día do Traxe Galego, organizado pola Asociación do Traxe Galego e coa colaboración de El Corte Inglés. Ademais, houbo un Serán de Hip-Hop en Vite.

Leer más
Compartir: