INFORMÁTICA
A Carpeta Cidadá incorporará en breve a descarga de certificados tributarios e novas posibilidades de autoliquidación
A Carpeta Cidadá da web municipal segue a incorporar novos trámites para achegar a Administración ao cidadán e facilitar as súas relacións coa mesma. Na actualidade, esta Carpeta conta xa con 1.600 usuarios rexistrados e en 2012 xestionou case 16.000 trámites.
DEPORTES
Adrián Varela reitera a aposta municipal por "proxectos deportivos sólidos" e pola "blindaxe do deporte base"
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, expresou en rolda de prensa a súa sorpresa e decepción ante a decisión de nove clubs da que compiten na Terceira División Autonómica de realizar folga. Neste sentido, explicou que estes clubs xa tiñan comprometida unha achega económica dun establecemento hostaleiro grazas ás xestións municipais, o 50% da cal van percibir este mesmo sábado.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cita para os maiores co baile nos centros socioculturais e na Casa das Asociacións
A Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais organiza unha nova edición do programa Imos ao baile, dirixido fundamentalmente aos nosos maiores. Serán 27 bailes en 12 localizacións diferentes, que se desenvolverán ao longo de varios sábados do ano.
CULTURA
Teatro del Temple presenta "Luces de Bohemia" dentro do ciclo Teatro & Danza
Dentro da programación do ciclo Teatro & Danza, o domingo 27 poderemos ver Luces de Bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán, posto sobre as táboas por Teatro del Temple. Será no Teatro Principal a partir das 20:00 horas. Con preto de 200 representacións e cunha extraordinaria acollida, Luces de Bohemia recibiu recentemente o Premio Valle Inclán outorgado pola Deputación de Pontevedra e foi nomeada aos premios MAX na categoría de "Mellor espectáculo revelación 2009".
DEPORTES
Santa Isabel acolle o Campionato de España de Fútbol Sala para Xordos
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a fase de grupos do Campionato de España de Fútbol Sala para Xordos, que se desenvolverá no pavillón de Santa Isabel o sábado 26 de febreiro. Sete equipos disputarán a competición, organizada pola Federación Galega de Deportes para Xordos (FEGADEX) en colaboración co Club Sociedade Deportiva Compostela de Xordos.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o trámite de contratación da xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o inicio do expediente de contratación da xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Ademais, acordou prorrogar o contrato do Servizo de Axuda no Fogar polo prazo dun ano.
TURISMO
Trivago premia a Santiago como a cidade con mellor reputación online de España
O comparador de prezos de hoteis www.trivago.es presentou os resultados do seu estudo de reputación online, no que se analizaron as valoracións que deixan os usuarios de internet nos destinos españois con maior número de hoteis. As cinco cidades con mellor reputación online serán galardoadas cos premios Trivago Online Reputation Awards 2013 no marco da feria de turismo FITUR, en Madrid. Santiago de Compostela quedou primeira nesta clasificación.
DEPORTES
Preto de 140 tiradores competirán no VII Trofeo Compostela Esgrima
O sábado 26 e o domingo 27 de xaneiro, celebrarase no pavillón polideportivo municipal de Pontepedriña o VII Trofeo Compostela Esgrima. Este torneo será puntuable para o ranking galego de espada nas categorías absoluta e de menos de 15 anos, e para o ranking nacional de veteranos nas categorías de florete e espada.
CULTURA
Recoñecidos músicos presentan en Íntimo & Acústico as súas propostas máis persoais
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a proposta do ciclo Íntimo & Acústico para a primeira parte do ano. Recoñecidos músicos e artistas presentan neste ciclo as súas achegas máis singulares e persoais. Teremos a Christina Rosenvinge, The New Raemon, Rubén Pozo, Sr. Chinarro, Luar na Lubre, Sidonie e Albert Pla.
ENTROIDO
Máis apoios á solicitude de declaración do Entroido dos Xenerais do Ulla como Festa de Interese Turístico de Galicia
O concelleiro Francisco Noya participou na presentación do programa do Entroido dos Xenerais da Ulla, celebrada na sede da Deputación da Coruña. Durante a mesma, o presidente do organismo provincial, Diego Calvo, manifestou o seu apoio á solicitude de declaración deste Entroido como Festa de Interese Turístico de Galicia.