ALCALDÍA
O alcalde recibe ao voceiro da Embaixada de Israel
A Casa do Concello acolleu a visita de Edwin Yaboo, voceiro da Embaixada de Israel, acompañado polo xornalista e promotor da Asociación Galega de Amizade con Israel Miguel Boo.
BENESTAR SOCIAL
Santiago contará cunha nova residencia para a terceira idade en Pontepedriña
O Concello de Santiago chegou a un acordo coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e coa Fundación de José Otero Otero e a súa dona para a construción dunha nova residencia para a terceira idade en Pontepedriña. O novo centro será sufragado pola devandita Fundación e xestionado pola Xunta. O Concello cede para o mesmo 5.000 metros cadrados de terreos municipais.
INFRAESTRUTURAS
O novo túnel de Galuresa terá 600 metros de longo e absorberá o 70% do tráfico
O Ministerio de Fomento remitiu ao Concello de Santiago o proxecto do túnel de Galuresa para que o Concello lle manifeste a súa conformidade. Así o fará, con simplemente algunhas suxerestións, na Xunta de Goberno local do luns 11 de decembro. Segundo indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o novo túnel permitirá absorber aproximadamente un 70% do tráfico que discorra pola zona.
PARQUES E XARDÍNS
Compostela renova a súa decoración para o Nadal
As rúas de Compostela contarán durante cinco semanas cunha nova e chamativa decoración de Nadal. O concelleiro de Parques e Xardíns, Bernardino Rama, presentou estas novidades, que consisten principalmente nuns pequenos parques luminosos que darán un colorido especial á diversas rúas da cidade durante estas datas.
NADAL
Os Reis Magos, principais protagonistas dos carteis de Nadal deste ano
Un cartel dun rapaz de cinco anos, Xan Limia García, do Colexio Vilas Alborada, foi o gañador da edición de 2006 do Concurso de carteis e do programa de Nadal. A estampa representa ao rei Baltasar, o protagonista de boa parte dos carteis presentados este ano xunto con Melchor e Gaspar.
LINGUA
Os gañadores do Manuel Beiras recibiron os seus premios
Os premiados do Manuel Beiras deste ano recibiron o seu galardón no transcurso dunha cea no Hotel Araguaney, á que asistiron representantes do mundo político, académico e empresarial da cidade. O premio, convocado pola concellaría de Política Lingüística do Concello de Santiago e a Cámara de Comercio, chegou así á súa sétima edición premiando ás empresas compostelás Aceiro e T44 e facendo unha distinción especial a Xaquín Mato da papelería Xaquín. O alcalde...