PLENO
Constituída a Comisión especial de memoria histórica do Concello
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá a sesión constitutiva da Comisión especial de memoria histórica, da que tamén forman parte o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; o voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete; a voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín; a concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra; e o secretario municipal, José Ramón Alonso.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a apertura do procedemento de adxudicacion de varios proxectos de obras por máis de 1,7 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o gasto correspondente á apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto simplificado, de seis proxectos de obras, por un total de 1.740.918,41 euros, con cargo ao remanente de 2019. Son a renovación do céspede sintético do campo de fútbol do Sergas, o proxecto de rexeneración do pavimento da calzada da Avenida de Asturias, o acondicionamento do aparcadoiro da rúa Altiboia (Fase I), a execución duns novos aseos públicos na Avenida de Raxoi e a reforma dos...
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago participa na Asemblea xeral da Rede de Entidades para o Desenvolvemento local
Xosé Sánchez Bugallo participou esta mañá, de xeito telemático, na Asemblea Xeral de REDEL (Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local), na que se aprobou a memoria e o peche do exercicio 2020 e se deu luz verde á celebración dun congreso en outono de 2021.
DEPORTES
Recepción aos atletas que acadaron medalla no Campionato de España de Duatlón
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a recepción ás e aos atletas que foron medalla no Campionato de España de Duatlón. Polo Club Triatlón Compostela estaba Lucas García Picón, que acadou o terceiro posto na categoría de cadete; e do "Triatlón Inforhouse Santiago", Ainoa Gontán, terceira clasificada en categoría xuvenil; e o equipo feminino xuvenil do clube, que tamén quedou clasificado en terceiro lugar.
EDUCACION
O aparcadoiro das Cancelas abrirá quince minutos antes para facilitar a mobilidade das familias do alumnado do CEIP Monte dos Postes
A partir do próximo luns, 26 de abril, o aparcadoiro en superficie do centro comercial As Cancelas abrirá as súas portas ás 08:45 h. da mañá, para que as familias do alumando do CEIP Monte dos Postes poidan estacionar alí cando van levar aos seus fillos e fillas á escola.
ALCALDÍA
Xuntanza co secretario xeral de CLUN
Xosé Sánchez Bugallo mantivo un encontro esta mañá no Pazo de Raxoi con Juan Gallastegui, secretario xeral de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN).
DEPORTES
Recepción ao Club Ximnasia Rítmica Viravolta Santiago
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a recepción ao Club Ximnasia Rítmica Viravolta Santiago tras conseguir a medalla de ouro na categoría de cadete mixto no Campionato Nacional de conxuntos base.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que o novo servizo de recollida de lixo e limpeza viaria poida estar plenamente operativo no primeiro trimestre do ano que vén
Na comparecencia semanal dos venres ante os medios de comunicación, o rexedor compostelán congratulouse de que o pasado luns a Xunta de Goberno local aprobase o prego e a apertura do procedemento de licitación do contrato do novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo. "Suporá unha mellora enorme do servizo, que xa estaba obsoleto", indicou.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago recibe unha delegación do concello canario de Pájara
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu onte unha delegación do concello de Pájara (Fuerteventura), entre a que se encontraba o seu rexedor, Pedro Armas Romero; e o concelleiro de Policía Local, Emerxencia e Praias, Raymundo Dacosta Calviño. Durante o encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, solicitaron poder utilizar a Praza do Obradoiro para unha actividade de promoción turística do municipio canario.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os 396 accidentes que se produciron o ano pasado nas estradas do municipio saldáronse con 88 feridos leves, 18 graves e ningún morto
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, acompañado polo inspector da Policía local José Antonio Pena, presentou o balance de actuacións do departamento de Atestados do ano 2020, durante o cal acudiron a 396 accidentes e realizaron 472 intervencións.