IGUALDADE

Benestar Social e Igualdade dá un novo impulso á conciliación en Santiago de Compostela

26/11/2009

Santiago únese á iniciativa de levar a cabo un diagnóstico de usos de tempo na cidade, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar. O Concello, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, realizou ao longo dos meses de outubro e novembro un proxecto no que se estimaron as necesidades de conciliación dentro da cidade, tendo en conta a estruturación e usos do tempo da poboación compostelá.

Leer más

PLENO

O Concello compostelán insta á Xunta e retirar o anteproxecto da Lei de Augas e a crear o Observatorio Galego da Violencia de Xénero

26/11/2009

O Pleno municipal aprobou una proposición, presentada polo grupo municipal socialista, instando á Xunta de Galicia a retirar o anteproxecto da Lei de Augas de Galicia. Solicítase a elaboración dun novo, que siga un "estreito cumprimento da Directiva Marco da Auga", incluíndo todos os preceptos da mesma. Ademais, demándase "unha fiscalidade progresiva para auga en Galicia, que chegue a todos os cidadáns e ás cidadás e a todos os territorios de igual xeito, para o que será necesario que exista un acordo de...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde expresa o seu orgullo pola selección do proxecto "Campus Vida" da USC como Campus de Excelencia Internacional

26/11/2009

A elección do proxecto Campus Vida como Campus de Excelencia Internacional, foi cualificada como "motivo de orgullo" polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O proxecto da Universidade de Santiago foi elixido en sexto lugar de entre os nove finalmente seleccionados. É o único de Galicia e tamén o primeiro de universidades que non pertenzan a Madrid ou Barcelona.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá solicita ás asociacións a actualización dos seus datos

25/11/2009

A Concellería de Participación Cidadá está a remitir ás diferentes asociacións rexistradas en Santiago de Compostela un escrito, acompañado dunha ficha para cubrir, co fin de que actualicen os seus datos. É fundamental que no Rexistro Municipal de Asociacións se conte coa información actualizada de cada asociación para así manter unha comunicación fluída e como xeito de revitalizar as propias asociacións.

Leer más

DEPORTES

Borja Golán será o padriño das bolsas a deportistas individuais da Fundación Compostela Deporte

25/11/2009

A Fundación Compostela Deporte presentou os 40 deportistas seleccionados, dos cales 15 recibirán as Bolsas da Fundación Compostela para a Formación e Perfeccionamento dos Deportistas Individuais Composteláns 2009. A quinta edición desta convocatoria ten como novidade a súa apertura aos deportistas individuais empadroados na mancomunidade de Santiago de Compostela. Tamén se presentou o padriño desta edición, que será o deportista compostelán Borja Golán.

Leer más

CULTURA

"Check Out", de Salvador Rubio, leva o primeiro premio do Compostela Plató

25/11/2009

É a primeira vez que un texto pensado para unha peza de animación obtén o primeiro premio de Compostela Plató. Check Out, de Salvador Rubio, é o vencedor da presente edición do concurso de guións convocado por Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes que promove a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais. Un equipo de sete persoas en Ficción Producciones encargarase nos vindeiros meses de trasladar a imaxes o texto gañador.

Leer más
Compartir: