CENTROS SOCIOCULTURAIS
O novo equipamento de Santa Marta incorpórase á extensa Rede Municipal de Centros Socioculturais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugurou o Centro Sociocultural de Santa Marta. O acto serviu tamén para exhibir por primeira vez o lip dub do Nadal realizado nos centros socioculturais.
FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O alumeado de Nadal, tamén no rural
Unha das novidades do Nadal 2012 en Compostela é que, por primeira vez, o alumeado chegou ás 21 parroquias do rural. Tamén este ano, o rural incorporouse aos programas de conciliación postos en marcha pola Concellería de Centros Socioculturais nestas datas.
CULTURA
"Navidad máxica en concerto" trae ao Auditorio de Galicia a Papá Noel, Pocoyo, Caillou e o Winx Club
Dentro da programación de Infantil & Familiar que o Departamento de Cultura organizou para este Nadal chega o venres 28, organizado pola Cadea Cope, o espectáculo Navidad máxica en concerto con Papá Noel, Pocoyo, Caillou e Winx Club. Haberá dúas funcións do espectáculo: ás 16:30 e ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas, a 22 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco ou na billeteira do Auditorio o propio día do evento dende as 15:00 horas.
CULTURA
O barítono David Menéndez inaugura a XII edición do ciclo Todo Lírica
Este Nadal celébrase unha nova edición, a XII xa, do ciclo Todo Lírica con catro concertos no Teatro Principal, nos que contaremos cos pianistas Rubén Fernández Aguirre, Manel Camp, Borja Mariño e Carmen Fernández Cabrera; acompañados das voces de David Menéndez, Mireia Pintó, María Rey-Joly e os alumnos da Escola Superior de Canto de Madrid.
DEPORTES
O mellor da natación galega reúnese no complexo deportivo de Santa Isabel
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o Campionato Galego Absoluto de Natación, que de celebrará os días 28, 29 e 30 de decembro na piscina de Santa Isabel. Máis de 300 nadadores e nadadoras de 24 clubs galegos participarán na competición.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago seguirá contando cunha aula CeMIT no edificio Cersia
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a prórroga do protocolo de adhesión do Concello á Rede Cemit. Tamén adxudicou o contrato de instalación de cinemómetros-radar.
PLENO
O Pleno aproba inicialmente o novo regulamento da Policía Local
O Pleno municipal, na súa sesión ordinaria do mes de decembro, aprobou inicialmente o novo regulamento da Policía Local. Ademais, deu o visto bo por unanimidade a tres modificacións urbanísticas.
MEDIO RURAL
Máis de 600.000 euros para as necesidades máis urxentes das parroquias do rural
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, deu conta das obras contempladas no Plan de Obras e Servizos (POS 2013). Serán dez obras a executar durante os exercicios 2013 e 2014, cun investimento total de 587.630 euros, dos que 554.792 son achegados polo organismo provincial e 32.838 polo Concello.
PLENO
O Pleno municipal aproba as ordenanzas fiscais para o exercicio 2013
Nunha sesión extraordinaria e unha vez estudadas as diferentes alegacións, o Pleno municipal aprobou definitivamente as ordenanzas municipais para 2013. Nesta convocatoria, tamén se procedeu á aceptación da cesión global do activo e pasivo de EMUVISSA.
CULTURA
Berrogüetto chega coa súa "Xira de andar por casa" ao ciclo Íntimo&Acústico
Berrogüetto chega ao Teatro Principal coa súa Xira de andar por casa dentro do ciclo Íntimo&Acústico. Será o xoves 27, a partir das 21:00 horas. Con este concerto ofrecen unha recreación semiacústica dos temas máis aclamados da súa discografía. Unha revisitación inzada de intimidade, optimismo, frescura nunha envoltura acústica que busca na audiencia unha sensación o máis próxima posible á que pode experimentar cando escoita música no salón da súa...