ALCALDÍA
Recepción ao director de orquestra e pianista compostelán Maximino Zumalave
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Maximino Zumalave, quen foi director asociado da Real Filharmonía de Galicia desde 1996 ata o pasado mes de decembro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello premia as persoas máis lectoras das bibliotecas municipais
Con motivo do Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas en Galicia, este 11 de xaneiro, o Concello de Santiago premiou esta tarde as persoas lectoras máis activas das bibliotecas dos Centros Socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta, tanto por libre como no marco da iniciativa '12 meses, 12 libros'. O acto de entrega de premios estivo presidido pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e contaou coa presenza do concelleiro de CSC, Xan Duro, e de varios membros da Corporación municipal.
CAPITAL CULTURAL
Leilía despídese dos escenarios cun último concerto no Auditorio de Galicia
A histórica formación de pandeireteiras culmina este sábado a xira ‘Anque me vou non me vou’ cunha actuación que esgotou xa as localidades dispoñibles.