TURISMO
O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum despídese anunciando unha segunda edición no 2023 polo éxito de convocatoria
Máis de 4.800 persoas visitaron a zona expositiva con representación de preto de 200 adegas e un túnel do viño con máis de 300 referencias das DO e IXP entre o 22 e o 24 de marzo. As actividades paralelas "Rutas de Viño" e "Catas con Maridaxe Musical", nas que colabora o Concello, continuarán ata o domingo 27 de marzo.
MEDIO AMBIENTE
Santiago de Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta" cun apagón nos edificios municipais
O Concello de Santiago, a través da concellería de Medio Ambiente, súmase este sábado, 26 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais apagarán as súas luces.
DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana tres campionatos de España de loitas olímpicas
Máis de 500 deportistas participarán este sábado 26 e domingo 27 de marzo, nos tres campionatos de España de loita nas modalidades olímpicas de loita feminina, loita libre olímpica e loita grecorromana. Os torneos, que se desenvolverán no pavillón municipal de Santa Isabel, foron presentados esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e por José Luis Olazábal, presidente da Federación Galega de Loita e disciplinas asociadas.
ALCALDÍA
UNINOVA recibe a encarga de pór en marcha a oficina técnica do proxecto da plataforma loxística de distribución de mercadorías no casco histórico
Uninova (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L), da que o Concello de Santiago é socio maioritario cun 80% das accións, recibiu hoxe a encarga da posta en marcha da Oficina Técnica para o proxecto da "Plataforma loxística de distribucion de mercadorías no casco histórico de Compostela". Confirmouno o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa de hoxe, comparecencia que tivo lugar despois da reunión do Consello de Administración deste organismo.