COMERCIO
55 establecementos xa se adheriron ao programa Bonos Corazón Concheiros
Dende que se abrira o prazo o pasado martes, xa son 55 os establecementos adheridos ao programa de incentivación do consumo Bonos Corazón Concheiros: 46 comercios e 9 negocios de hostalería. O prazo para inscribirse permanece aberto durante o tempo de vixencia dos bonos, ata o 31 de maio.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O programa Apego supera as 600 familias inscritas no concello de Santiago
O programa Apego, que desenvolve o departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago en colaboración con outros municipios galegos, acaba de superar, en Compostela, as 600 familias inscritas. Dirixido á primeira infancia, a menores de entre 0 e 6 anos e ás súas familias, ten como obxectivo incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial, así como promover que o usen de maneira habitual.