EMPREGO
Entrega de diplomas ao alumando do Obradoiro de Emprego Creas III
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; e Judith Fontenla, xefa territorial de Emprego e Igualdade en Xunta de Galicia; asistiron o acto de clausura e entrega de diplomas do "Obradoiro de Emprego Creas III" que en 2021 desenvolveu o proxecto "Xiro dos Montes de Compostela".
POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE
A campaña de Alcer Coruña, "Doar é doado", na que colabora o Concello, informa ao estudantado da USC sobre a importancia da doazón de órganos
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participou hoxe na campaña informativa "Doar é doado", que leva a cabo Alcer Coruña, cun doble obxectivo: agradecer a solidariedade das persoas doantes de órganos; e informar sobre hábitos de vida saudables e como a doazón de órganos salva vidas. Neste momento, segundo recorda Alcer, en Galicia, unhas 300 persoas están á espera dun órgano.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Reunión de coordinación policial na que se acordou reforzar os dispositivos de seguridade en función das previsións de aglomeracións detectadas polos responsables de cada corpo
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; mantiveron unha reunión de coordinación para analizar a situación despois dos últimos incidentes rexistrados na cidade e vinculados ao lecer nocturno da mocidade. Durante a mesma, Rivas insistiu na vontade de traballar conxuntamente co Goberno local para garantir a seguridade cidadá na capital de Galicia.
EDUCACIÓN
O 8 de outubro remata o prazo para presentarse aos premios Educacompostela
Ata o 8 de outubro está aberto o prazo para presentarse á "XIII edición dos Premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación da calidade educativa e da renovación pedagóxica". Sobre esta convocatoria informaron hoxe, en rolda de prensa, o concelleiro de Educación, Rubén Prol; e Xesús Lastra, presidente de Nova Escola Galega.