ALCALDÍA
Área Central incrementa a súa oferta de ocio coa apertura de Nova Jump, un centro deportivo especializado en saltos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do centro deportivo, especializado en saltos, Nova Jump; que abre as súas portas co obxectivo de ofrecer unha oferta de ocio alternativa e moi concreta, que esperan, contribúa a dinamizar o centro comercial de Área Central.
COMERCIO
Novas actividades de dinamización comercial para esta fin de semana
Dado o éxito acadado polos eventos de dinamización de rúa durante a festa do comercio local Prima21 os pasados 3,4 e 5 de xuño, desde o departamento de Comercio apóstase por continuar coa programación lúdico-cultural para todos os públicos durante todas as fins de semana do mes de xuño.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello amosa a súa solidariedade coas persoas refuxiadas e condena os delitos de odio
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; as voceiras dos grupos municipais de CA e BNG, Marta Lois e Goretti Sanmartín; o voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete; os tamén concelleiros Xan Duro e Navia Rivas; membros da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas e cidadáns e cidadás de Santiago déronse cita esta mañá na Alameda para inaugurar a exposición "Mira con otros ollos" e manifestar a súa repulsa polos...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Entrega de agasallos aos nenos e nenas que participaron no concurso de carteis do programa "Vive o Verán 2021"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e o de Educación, Rubén Prol, entregaron esta tarde cadernos de pintura e lápices acuarelables aos nenos e nenas participantes no concurso de carteis do programa "Vive o Verán 2021". Entre eles atopábase a gañadora do certame, Ainara, de 11 anos, usuaria, igual que os seus compañeiros, da actividade de pintura no Centro Sociocultural de Conxo. O seu debuxo foi a que máis "gústame" obtivo nas redes sociais, dos 19 que se presentaron.
MEDIO AMBIENTE
O Consello de Administración de ACUAES aproba por 55,9 millóns de euros a adxudicación das obras da nova depuradora de Silvouta, en Santiago de Compostela
O Consello de Administración da sociedade mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico autorizou na súa reunión de hoxe a adxudicación por 55.888.690 euros do contrato para a redacción do proxecto construtivo, execución, posta en marcha e explotación da nova estación depuradora de augas residuais de Silvouta, en Santiago de Compostela.