PROMOCIÓN ECONÓMICA
O alcalde destaca na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire que as crises supoñen "un espazo de oportunidade que debemos aproveitar"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire, adicadas ás temáticas da dixitalización, a biotecnoloxía e os videoxogos. O rexedor destacou que as crises "supoñen un espazo de oportunidade que debemos aproveitar". Agradeceu o papel de "todas as persoas que fan posibles estas xornadas" a animou a todos os participantes sinalando que "o futuro está aquí, e é noso".
SEGURIDADE CIDADÁ
A Xunta local de seguridade constata que Santiago segue a ser unha cidade segura, cun índice de resolución de delitos graves que supera o 60%
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presidiron esta mañá a Xunta local de seguridade, á que tamén asistiu o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e representantes da Policía local, nacional e autonómica. Na xuntanza púxose de manifesto que Santiago segue a ser unha cidade segura, cun descenso no número de delitos contra as persoas, roubos con intimidación e roubos con forza.
MEDIO RURAL
Publicado no BOP o anuncio da modificación da terceira fase do plan de sendas peonís, que afecta á que se vai executar entre Santiago e Figueiras
O BOP da provincia da coruña de data 31 de maio de 2021 publica o anuncio da modificación da terceira fase do plan de sendas peonís, que afecta á senda entre Santiago e Figueiras
OBRAS
Nota aclaratoria sobre a aparición de restos óseos en Salgueiriños
Pasadas as catro da tarde, o concelleiro de Obras, Javier Fernández, foi informado da aparición duns restos óseos nunha finca de titularidade municipal localizada na zona de Salgueiriños.