EDUCACIÓN
O espectáculo "Desconcerto" achegará ao alumnado da Escola Municipal de Música, melodías clásicas en clave de humor
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, presentou, xunto a Félix Rodríguez e Fran Rei, de Culturactiva Producións, o espectáculo "Desconcerto"; un concerto dirixido ao alumando da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela que terá lugar o vindeiro luns, 31 de maio, ás sete da tarde no Predio de Vista Alegre, baixo a direccion de Marcos Orsi. O obxectivo desta montaxe cómica é achegar a música aos máis cativos a través do humor.
COMERCIO
Preséntase "Prima 21. A festa do comercio local", que se desenvolverá no primeiro fin de semana de xuño en diferentes barrios da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e as asociacións a participar en Prima 21. A festa do comercio local", que se desenvolverá o xoves 3, o venres 4 e sábado 5 de xuño de 2021 en distintos barrios de Santiago. Un evento, sinalou o rexedor, "con vocación de continuidade, co fin de consolidar unha festa do comercio en primavera". Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía Castro quen explicou que o obxectivo...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O concello de Santiago celebra o "Día Internacional do xogo" coa organización de distintas actividades na Alameda
A rede de Centros Socioculturais programou, para esta tarde, distintas actividades de ocio na Alameda, para conmemorar o "Día Internacional do dereito ao xogo". Comezaron as 17:00 h. con globoflexia, un circuito de xogos, no que non se esqueceron os máis tradicionais, monicreques, contos e ata un espectáculo teatralizado.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicadas as listas de admitidos ao sorteo para participar no programa "Mañás de verán" da rede de Centros Socioculturais.
O programa "Mañás de verán"que se desenvolverá nos Centros Socioculturais urbanos de Vite, Fontiñas e Santa Marta; e nos do rural de A Gracia, Figueiras, Lavacolla, Marrozos, Nemenzo e Villestro, recibiu 302 preinscripcións para cubrir as 150 prazas ofertadas.
URBANISMO
Concello e Xunta asinan a cesión da parcela do Castiñeiriño na que se construirá unha residencia pública para maiores
O Concello de Santiago de Santiago e a Xunta de Galicia asinaron hoxe a cesión do terreo, de titularidade municipal, no que se situará a futura residencia de maiores pública financiada e construída pola Fundación Amancio Ortega (FAO). Este novo centro de atención integral, que será unha referencia a nivel europeo, estará emprazado no barrio do Castiñeiriño, na rúa Monte do Seixo.