EDUCACIÓN
Os máis pequenos celebran a festa dos Maios
A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago de Compostela formada pola E.I.M. de Conxo, a E.I.M das Fontiñas e a E.I.M de Meixonfrío- Salgueiriños está dedicando esta semana do 18 ao 21 de maio a celebrar a festa das Letras Galegas e a festa dos Maios, tal e como se prevé no seu proxecto educativo.
ALCALDÍA
Santiago presentará a súa oferta turística en París da man do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou esta mañá en rolda de prensa que a cidade presentará a súa oferta turística en París, xunto co Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, o vindeiro martes 25 maio, nun acto ao que asistirá a ministra de Turismo, Reyes Maroto.
TURISMO
A Organización Mundial do Turismo elixe a Santiago como exemplo internacional para a recuperación turística
A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, participou no Foro internacional dedicado á "Recuperación Turística", que a Organización Mundial do Turismo (OMT) organiza no marco de Fitur. A OMT, organismo das Nacións Unidas encargado da promoción dun turismo responsable, sostible e accesible, escolleu ao Plan de Reactivación Turística elaborado por Turismo de Santiago como exemplo mundial de boas prácticas para a recuperación do turismo.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista: tres mulleres asesinadas en Laviana (Asturia), Creixell (Tarragona) e Corbera de Llobregat (Barcelona).