ALCALDÍA
O alcalde visita Figueiras para coñecer as necesidades da parroquia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cos veciños da parroquia de Figueiras para coñecer in situ as necesidades da zona. Visitou lugares coma o campo da festa, a estación de bombeo de Folgoso, Codesedas, a corredoira de Correxín, Eira Vella, Chancela ou as Moas.
ESPAZOS CIDADÁNS
As liñas de transporte público mantéñense por riba dos sete millóns de usuarios en 2015
As liñas de transporte público xestionadas por Tussa sumaron o ano pasado 7.124.117 usuarios, un 0,52% menos que no ano anterior. É un dos datos máis salientables do balance presentado este luns polo concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte. O edil explicou que este informe será levado nos próximos días ante os membros do Consello de Administración de Tussa, que tamén serán informados dos resultados das enquisas de satisfacción que se viñeron realizando ao...
ALCALDÍA
Reunión de Martiño Noriega co xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Casado
O alcalde recibiu este mediodía no Pazo de Raxoi o xerente do Centro Comercial As Cancelas. Foi unha primeira toma de contacto entre Martiño Noriega e Javier Casado, que accedeu ao cargo no pasado mes de outubro. Na reunión, Casado informou ao alcalde da boa marcha da gran superficie, que ten ocupado o 97% dos seus locais e que xera entre 1.700 e 2.000 empregos.
CONSORCIO
A Real Filharmonía, dirixida por Antonio Wit, acompaña esta semana á virtuosa violinista polaca Aleksandra Kuls, de tan só 25 anos
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Ao día seguinte, o venres, a orquestra tocará no Teatro Jofre de Ferrol, ás 20:30 horas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A mesa de contratación propón a Serunion como concesionaria do servizo de comedores escolares ata final de curso
A Mesa de Contratación reuniuse esta mañá para resolver a concesión do servizo de comedores e madrugadores do Concello de Santiago. A proposta da Mesa pasa por concederlle o servizo a Serunion, que se encargará de prestalo ata finais de curso.