MEDIO AMBIENTE
Novos obradoiros no CIAC sobre consumo responsable e cultivos ecolóxicos
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado no parque de Belvís, continuará este mes de decembro traballando en torno ao consumo responsable, co obxectivo de cambiar hábitos e mellorar o mundo que nos rodea. Haberá un obradoiro de cultivo sustentable e outro de xoguetes con refugallos, ademais dunhas xornadas sobre sistemas agroecolóxicos.
NADAL 2016
A programación de Nadal incorpora actividades para a mocidade e aposta pola conciliación familiar
O concelleiro Xan Duro presentou hoxe a programación do Nadal, na que participan a practica totalidade dos departamentos municipais e que este ano leva por lema "Conto, canto o Nadal". O edil explicou que o groso das propostas arrancarán a mediados deste mes, "coincidindo coas vacacións escolares e combinando actividades tradicionais xa consolidadas con propostas máis novidosas e dirixidas a novos públicos como o xuvenil".
CONSORCIO
Últimos días para visitar a mostra de fotografías en 3D da cidade de Santiago e da Catedral na Casa do Cabido
Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, dende finais do pasado mes de setembro. O vindeiro domingo, 11 de decembro, é o último día para percorrela. Durante estes meses visitárona máis de 4.000 persoas, das cales 450 foron estudantes, na súa maioría de centros educativos de...