TURISMO E DEPORTES

A carreira SantYaGo10K recollerá alimentos para colaborar co Albergue Xoán XXIII

05/04/2015

O sábado 9 de maio celebrarase SantYaGo10K, a primeira carreira nocturna de 10 quilómetros que ten lugar en Santiago. A carreira nace cunha vocación solidaria que quere amosar o espírito social e colaborativo dos afeccionados ao running. Neste momento, cando queda aínda máis dun mes para a carreira, hai xa máis de 250 persoas inscritas.

Leer más
Compartir: