TURISMO

Easyjet promociona as súas conexións en Santiago de Compostela regalando dez billetes de avión o próximo mércores

26/04/2015

Turismo de Santiago colabora con Easyjet na promoción das súas conexións internacionais no aeroporto da cidade mediante a Easyjet Experience, que agasallará con dez billetes de avión aos seus seguidores nas redes sociais. Easyjet conta actualmente con tres conexións directas, Londres, Xenebra e Basilea. O 8 de xuño estreará unha nova ruta a Roma.

Leer más

ALCALDÍA

I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

26/04/2015

O Campus universitario e a Alameda acolleron este domingo a I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM). O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu a saída á proba. Logo, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, presidiu a cerimonia de entrega de premios.

Leer más
Compartir: