ALCALDÍA

O alcalde reivindica a Francisco Asorey coma "un dos grandes construtores da alma de Galicia" e sitúao entre os "referentes da nosa tradición cultural máis xenuína"

04/03/2015

O alcalde de Santiago presidiu o acto de descubrimento dunha placa conmemorativa na honra de Francisco Asorey na rúa Tras de Santa Clara, onde o escultor tivera o seu obradoiro. En palabras de Agustín Hernández, con esta cerimonia, froito dunha decisión unánime da Corporación municipal, púxose "un broche de ouro á celebración dos 125 anos do nacemento do escultor cambadés de berce e compostelán de adopción", coa intención de "continuar mantendo activa a memoria desta figura clave da arte...

Leer más

CULTURA

Único concerto en Galicia da banda de culto neoiorquina Screaming Headless Torsos dentro do ciclo Sons’15

04/03/2015

O ciclo Sons’15 botará esta semana unha ollada a América e dende alí chegarán dous concertos moi singulares. Este xoves 5 de marzo, e chegados de New York, estarán os Screaming Headless Torsos, os magos da fusión: crossover, metal, funk, R&B, hip-hop… a partir das 21:00 horas na Sala Capitol, acompañados dos galegos Cats and Monkeys. E o domingo 8, a partir das 19:30 horas, tamén na Sala Capitol, poderemos gozar do Walkin’&Talkin’10th Anniversary Tour de Eli "Paperboy" Reed Trío, que chega dende Boston...

Leer más

TURISMO

Turismo promociona as novas rutas aéreas con Alemaña na feira máis importante do país

04/03/2015

Turismo de Santiago promociona a cidade na ITB de Berlín, a feira máis importante do mercado alemán, que se celebra entre o catro e o oito de marzo. A principal novidade que presentará a empresa municipal de promoción turística este ano na feira é a incorporación de novas conexións aéreas directas con tres das principais cidades xermanas: Düsseldorf, Munich e Berlín, que engadirá Vueling a súa oferta no aeroporto de Santiago.

Leer más

OBRAS E MOBILIDADE

O Concello acometerá nos vindeiros días traballos de mellora do firme en varias rúas

04/03/2015

Aproveitando o bo tempo que se esperan para os vindeiros días, o Concello vai levar a cabo traballos de asfaltado e mellora do firme nos seguintes vieiros da zona urbana da cidade: Xeneral Pardiñas, Doutor Teixeiro, Lisboa e no eixo Rosalía de Castro-Santa Marta de Arriba-Choupana-Volta do Castro. Os traballos afectarán ao tráfico de forma transitoria.

Leer más

CULTURA

Andrea Lucchesini coa Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixidos por Jakub Hirusa

04/03/2015

O pianista italiano Andrea Lucchesini regresa ao Auditorio de Galicia para interpretar o máis coñecido dos concertos para piano de Saint-Saëns, o segundo, que ben pode servir de mostra da enerxía e personalidade do autor parisiense e cuxa variedade estilística foi interpretada por algúns como caprichosa: "comeza con Bach e acaba con Offenbach", dixo o pianista polaco Zygmunt Stojowski.

Leer más

PLENO

Entra en vigor o Plan especial de protección do parque arqueolóxico da Rocha

04/03/2015

O Pleno municipal abordou coma un dos puntos da orde do día o Plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha (PE-7R). Coa toma de coñecemento do texto refundido do documento queda feito o derradeiro trámite para o seu desenvolvemento, previa a publicación, e polo tanto entra en vigor para permitir a posta en valor dos restos do castelo.

Leer más

PLENO

Santiago adhírese á Red Innpulso para seguir promovendo accións en materia de ciencia e innovación na xestión pública

04/03/2015

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a adhesión de Santiago de Compostela á Red Innpulso (Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación). Esta incorporación é posible tras a concesión a Compostela da distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación, recollida o pasado 9 de febreiro pola concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e requisito imprescindible para formar partes desta Red Innpulso, promovida polo Ministerio de Economía e Competitividade.

Leer más
Compartir: