ALCALDÍA

Recuperado o ritmo das obras de reurbanización no barrio de Vista Alegre

26/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade que se están realizando no barrio de Vista Alegre. Previamente, reuniuse coa Asociación de Veciños para darlle conta da situación actual das obras, logo do retraso que implicou a cesión dos traballos por parte da anterior adxudicataria á actual construtora.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística pon en marcha o III Concurso de Proxectos de Publicidade

26/03/2015

A concelleira de Normalización Lingüística, María Antón, presentou a terceira edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, que pretende ser un incentivo para a galeguización da comunicación entre empresas ou establecementos comerciais e o público, así como servir de recurso para promover a calidade e a creatividade na comunicación.

Leer más

COMERCIO

Deportes Cibeira, Susi Gesto Ourive, Xearte Brigitte, Nippon Store, La Reina de Saba e Corazón do Loto, gañadores dos Premios ao Comercio Compostelán 2015

26/03/2015

Deportes Cibeira, Susi Gesto Ourive, Xearte Brigitte, Nippon Store, La reina de Saba e Corazón do Loto son os gañadores dos Premios ao Comercio Compostelán Santiago ten un comercio de cine, 2015. A entrega dos galardóns terá lugar o mércores 8 de abril no Pazo de Raxoi. Os gañadores recibirán unha figura conmemorativa deseñada polo artesán Francisco Porto Paredes.

Leer más

SERVIZOS

Retrasarase o depósito do lixo na vía pública ata despois do paso das procesións durante a Semana Santa

26/03/2015

Co fin de garantir unhas condicións axeitadas na cidade, e máis por mor dos milleiros de visitantes que se van achegar nesta Semana Santa, lembrase á veciñanza de Compostela, en especial á do Casco Histórico, o necesario cumprimento da normativa vixente en materia de residuos urbanos e limpeza viaria recollida na Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.

Leer más
Compartir: