CONSORCIO

O violoncellista granadino Guillermo Pastrana toca coa Real Filharmonía de Galicia nos seus concertos en Santiago e Ferrol

26/01/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O mércores día 28, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. E o xoves 29 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.

Leer más
Compartir: