ALCALDÍA
O alcalde anima os cidadáns a descubrir os encantos da lectura na Feira do Libro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistíu á inauguración da XXXI Edición da Feira do Libro. Alí animou os composteláns a visitar a mostra e a somerxerse no descubrimento dos encantos do mundo do libro.
EDUCACIÓN
Sesión de contos e música para familias
Un bo número de familias compostelás participou na sesión aberta de contos e música celebrada na Galería Sargadelos, dentro da Campaña Municipal de Animación á Lectura que promove a Concellería de Educación.
CULTURA
Sete concertos na programación musical da IX edición de Curtocircuíto
A IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se inaugura o 2 de maio, é moito máis que cinema e este ano trae unha importante programación musical. A Banda Municipal de Música da cidade, Dúo Cobra, La Débil+Unicornibot, Toy Dolls+Novedades Carminha, Fasenuova, Coralie Yap-Chine Quartet e Mano de Obra son os protagonistas desta programación musical. As entradas para a Banda, Coralie Yap-Chine Quartet e Mano de Obra son de balde. As outras, a diferentes prezos, están xa todas a venda no...