ALCALDÍA

Encontro co presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago

10/05/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago, Cristóbal Ramírez, que lle explicou todas as actividades que a entidade ten previsto realizar neste Ano Santo, así como o labor de difusión que realiza de todo o relacionado cos Camiños.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Xornada "Emprende en Compostela" contará cun espazo informático animado polo mago Victor Grande

10/05/2010

A V Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 18 de maio no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, contará cun espazo informático no que se mostrará, as persoas interesadas, a utilidade das redes sociais para as empresas e para as/os emprendedoras/es. Tanto este espazo web, como o triple espazo promocional para empresas (un espazo no que as empresas de Santiago poden publicitar os seus produtos e servizos de balde), contarán coa animación do mago e cómico Victor Grande.

Leer más
Compartir: