NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

"Namórate da lingua" promove a afectividade dos escolares co galego

12/02/2010

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou unha nova campaña de promoción do uso da lingua galega, que un ano máis aproveita a data de San Valentín (14 de febreiro) para fomentar relacións afectivas cara o idioma. Namórate da lingua é o título desta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO. Haberá premios para as mensaxes máis orixinais e creativas.

Leer más

TURISMO

O Fórum Santiago 2010 achega o binomio cociña e viño co Fórum Viño

12/02/2010

O martes 23 de febreiro é o día dedicado ao viño como parella ideal da cociña dentro do programa profesional do Fórum Gastronómico Santiago’10. Sumilleres enólogos, xefes de sala, adegueiros, cociñeiros e demais profesionais do sector daranse cita nunha nova edición do Fórum Viño, complementado co Mercado do Viño.

Leer más

FESTAS

O Meco subirá aos balcóns do Pazo de Bendaña para presidir o Antroido compostelán no seu 25 aniversario

12/02/2010

Cun frío propio do mes do Antroido, Santiago ultima os preparativos para dar comezo ás festas, que arrincan o sábado 13 cun programa de actividades para todos os gustos e públicos. A xornada comezará ás 12:30 horas cos obradoiros de maquillaxe, disfraces e máscaras que se desenvolverán na praza do Toural coa axuda de monitores que ensinarán aos rapaces a caracterizarse cunha gama de cores estridentes e purpurinas. Haberá unha nova sesión de maquillaxe a partir das 17:00 horas.

Leer más
Compartir: