ALCALDÍA

O alcalde reitera a vontade do Concello de traballar coa Xunta polo éxito do Xacobeo

29/01/2010

Un día despois que o Pleno manifestara, a través dunha declaración unánime, "a disposición a colaborar con todas as institucións públicas" para lograr o éxito do Xacobeo 2010, o alcalde reiterou en rolda de prensa esta vontade. "Queremos contribuír ao éxito do Ano Santo e o mellor modo é recoñecendo o papel de Santiago e do Camiño", apuntou Xosé A. Sánchez Bugallo.

Leer más

ALCALDÍA

Preocupación de Sánchez Bugallo pola actuación violenta de determinados grupos organizados

29/01/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa preocupación "pola actuación de determinados grupos organizados", en referencia ao atentado contra o catedrático e articulista Roberto Blanco Valdés, que se une ao recente ataque a dous vehículos da Policía Local. Pediu ás forzas de seguridade, e así llo solicitará tamén ao ministro do Interior que "aborten este problema, antes de que se converta nun problema de gran calado".

Leer más

CONSORCIO

Músicas de todo o mundo daranse cita na Semana Santa de Compostela

29/01/2010

A V edición do Festival de Músicas Contemplativas volve apostar polo diálogo intercultural cunha programación que inclúe 15 concertos de agrupacións musicais procedentes de Inglaterra, Vietnam, Francia, Mongolia, India, Exipto, Finlandia, Azerbaixán, Irán, Italia, Ouzbekistán e Estados Unidos.

Leer más

ALCALDÍA

As renovadas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire mudan a imaxe urbana do barrio de Conxo

29/01/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o renovado tramo que comprende a avenida de Vilagarcía e as rúas García Prieto e Sánchez Freire, no barrio de Conxo, grazas a unha actuación financiada polos Fondos Estatais de Inversión Local (FEIL). Estas obras supuxeron unha substancial mellora da calidade urbana desta vía, entre Romero Donallo e a rotonda de Conxo, que conta agora con amplas beirarrúas, zonas verdes e mesmo dúas pequenas prazas.

Leer más
Compartir: