CULTURA

A Biblioteca Compostela suma catro novos títulos de literatura contemporánea europea

22/01/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o director de edicións da editorial, Carlos Lema, presentaron os títulos publicados en 2009 e os vindeiros lanzamentos da Biblioteca Compostela, a colección de literatura contemporánea europea editada por Galaxia co apoio da Concellería.

Leer más

ALCALDÍA

O conselleiro de Cultura comprométese a reaxustar a promoción do Xacobeo 2010 e a reunirse coas entidades cidadás

22/01/2010

Na súa visita a FITUR, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación do Xacobeo 2010 no pavillón de Galicia, tras a cal mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Este ratificou a súa vontade e o seu compromiso de reaxustar a promoción do Xacobeo, dándolle ao Camiño de Santiago, á capital galega e ao Ano Santo o protagonismo que lles corresponde. Este axuste xa está en curso, segundo Varela explicou a Bugallo.

Leer más
Compartir: