CULTURA

Biblioteca Compostela traduce ao galego 'O Museo da Inocencia', do premio Nobel turco Orhan Pamuk

08/07/2009

Na mañá de hoxe, na Casa do Concello, presentouse ante os medios de comunicación a tradución ao galego de O Museo da Inocencia, do escritor turco Orhan Pamuk, incluído na colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea da Editorial Galaxia. Na rolda de prensa estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o editor da Biblioteca Compostela, Carlos Lema.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago xa ten os seus gañadores

08/07/2009

O I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago que organizan as concellerías de Medio Ambiente e de Cidade Histórica, dirixidas polas concelleiras Elvira Cienfuegos e Olga Pedreira, respectivamente, xa ten gañadores. O 1º Premio, recibiuno o balcón da Rúa Entre Murallas 10, de Mario Piteira. Premio ao se lle entregará un diploma e materiais de xardinería por valor de 200 €.

Leer más
Compartir: