EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música celebra o Nadal con dous concertos moi especiais

09/12/2009

O Nadal tamén chega á Escola Municipal de Música, onde para celebralo prepararon dous concertos especiais. O primeiro, dedicado propiamente ao Nadal, terá lugar na Aula de Cultura de Caixa Galicia o venres 11 de decembro a partir das 19:30 horas. Xa o 17 de decembro, concerto sobre Bach na propia Escola, ás 20:30 horas.

Leer más

CULTURA

O Nadal da Rede de Centros Socioculturais recupera a figura do Apalpador

09/12/2009

Obradoiros, cine, maxia, contacontos, monicreques, concertos, mostras e excursións conforman o programa Apalpando as ilusións. Máis dun cento de actividades lúdicas que se desenvolverán nos centros socioculturais composteláns ata finais de decembro, segundo manifestou na presentación a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, que estivo acompañada durante a rolda de prensa por Jorge Rey, de Títeres Cachirulo, e participante no programa.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística convida os máis pequenos a vivir un Nadal en galego

09/12/2009

A Concellaría de Participación Cidadá e Normalización Lingüística convida os composteláns a participar no Nadal en Galego, unha proposta concibida para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, promover a lingua galega e concienciar sobre as boas prácticas ambientais a través de alternativas lúdicas e didácticas para o tempo libre dos máis pequenos. A inscrición está aberta.

Leer más

CONSORCIO

Remata o prazo para acceder ás axudas ao mantemento de edificios da Cidade Histórica

09/12/2009

O Consorcio de Santiago, coa colaboración do Concello, a través da Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación, dentro das súas políticas de recuperación urbana, iniciou unha nova liña de axudas aos cidadáns para o mantemento de edificacións. Baixo o lema Ter é manter, o Consorcio puxo en marcha o Programa de axudas ao mantemento da envolvente exterior e dos elementos comúns interiores das edificacións da cidade histórica de Santiago de Compostela, cun orzamento de 200.000...

Leer más
Compartir: