CIDADE HISTÓRICA

As rúas Raxoi e Trindade gañarán uniformidade coa súa completa renovación

04/11/2009

As rúas Raxoi e Trindade serán reurbanizadas cunha "renovación completa de ambas, tanto nos acabados da calzada como nas beirarrúas e instalacións". Así o explicou a concelleira de Cidade Histórica, Olga Pedreira, na presentación aos medios desta nova obra na zona vella de Compostela. Durante a súa intervención estivo acompañada de Javier Fernández Muñoz, arquitecto e xefe de servizo da Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación dependente da Concellaría.

Leer más

CULTURA

Soderbergh e Mendoza abordan o tema da prostitución no segundo día de Cineuropa

04/11/2009

Na programación da segunda xornada de Cineuropa, dous cineastas do prestixio do norteamericano Steven Soderbergh e do filipino Brillante Mendoza indagan en xeitos ben diferentes de prostitución. En The Girlfriend experience, Soderbergh amósanos a súa vena "alternativa" ao contar coa actriz porno Sasha Grey no papel dunha "score" de luxo, contratada para exercer o papel de "moza perfecta". O sexo de aluguer do que fala, por contra, Brillante Mendoza en Serbis é o dos labirínticos corredores dun cine de...

Leer más
Compartir: