CONSORCIO

O Programa Urbe dixitalizou xa máis de 63.000 escrituras notariais

24/11/2009

O Consorcio e a Universidade de Santiago presentan o estado dos traballos do Programa Urbe, iniciado en 2007 e destinado a dixitalizar todos os fondos documentais da cidade e crear unha ferramenta informática básica de consulta e documentación. Agora, o proxecto entra na súa recta final de traballo con 63.300 escrituras notariais procesadas, o que se traduce en preto de 300.000 imaxes dixitais. Os documentos orixinais proceden do Arquivo Universitario e do Arquivo da Catedral.

Leer más

IGUALDADE

Os actos municipais do Día Internacional contra a Violencia de Xénero diríxense nesta edición aos medios de comunicación

24/11/2009

Con motivo da celebración, o mércores 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Concellería de Igualdade preparou unha edición máis un acto de sensibilización, que nesta ocasión estará dirixido aos medios de comunicación. Será ás 19:00 horas no Casino. Ademais, celebrarase unha nova entrega dos Premios 25 de novembro.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións de Cornes acolle a mostra "Exposición Rexional Galega. 100 anos despois"

24/11/2009

O mércores, 25 de novembro, ás 20:00 horas, inaugúrase na Casa das Asociacións, en Cornes, a mostra "Exposición Rexional Galega. 100 anos despois", organizada pola Concellería de Participación Cidadá. A exposición rescata a participación cidadá na conmemoración que organizara a Concellería de Festas na Alameda, con motivo do centenario, en xullo deste ano.

Leer más

CULTURA

Máis dun milleiro de intérpretes participarán no III Certame Galego de Bandas de Música

24/11/2009

O evento anual de referencia dentro do mundo das bandas populares en Galicia alcanza a súa terceira edición e celébrase do 27 ao 29 de novembro en Compostela. Ao longo de tres días pasarán polo Auditorio un total de 19 bandas de toda Galicia, que xuntan máis dun milleiro de intérpretes. En paralelo ao certame, que dá comezo o venres 27 ás 20:00 horas, celébrase o II Concurso de Composición para premiar as mellores obras orixinais para banda de música.

Leer más

CULTURA

Cineuropa celebra a Noite Crebinsky e programa a película sorpresa

24/11/2009

Cineuropa entra no seu último terzo coa semana máis cargada de pratos fortes na súa programación. O mércores 25, poderemos ver a primicia do filme galego máis esperado do ano na Noite Especial Crebinsky e o xoves 26 chega unha das citas máis carismáticas do festival: a sesión da película sorpresa. Xa o venres 27 afrontaremos a noite máis longa, cun maratón bizarro que inclúe títulos como Anticristo, Ilsa, a loba das SS ou Lesbian Vampire Killers.

Leer más
Compartir: