COMERCIO

Un novo plan axudará aos comercios a mellorar a súa competitividade

23/11/2009

O Plan de mellora para os comercios en activo axudará aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 50.000 euros para o desenvolvemento das dúas fases nas que se divide, enmárcase no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, e que ten como fin impulsar e fortalecer o comercio da cidade.

Leer más

CULTURA

Teo Manuel Abad presenta no festival Cineuropa o primeiro filme sobre o mundo do sexo en Galicia

23/11/2009

Cineuropa continúa amosando a súa condición de xanela aberta ao audiovisual galego e suma unha nova estrea. O martes 24, ás 20:15 horas no Teatro Principal, poderá verse Sexo. Entre o ceo e a terra, unha longametraxe documental de Teo Manuel Abad producida por Formateo e Productora Faro. Trátase do primeiro filme que se achega ao mundo do sexo en Galicia, e faino coa intención de detectar os seus trazos diferenciadores a través dun amplo abano de voces.

Leer más

TURISMO

Santiago supera o millón de pernotacións nos dez primeiros meses de 2009

23/11/2009

Santiago de Compostela sumou nos dez primeiros meses do ano 2009 un total de 1.058.289 pernotacións, segundo os datos feitos públicos hoxe polo INE. Santiago é a única cidade pertencente aos grupos das Cidades Patrimonio e da España Verde, compostos polos destinos comparables á nosa cidade, que supera o millón de pernotacións entre xaneiro e outubro. Tras Santiago veñen Bilbao, con 944.050, Córdoba, con 900.425, e Salamanca, con 817.111.

Leer más
Compartir: