ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao embaixador de Suíza

11/11/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o embaixador de Suíza en España, Jean-Philippe Tissières. Na visita estivo acompañado polo ministro conselleiro da Embaixada, Kurt Kunz.

Leer más

CULTURA

O Día do Peón xunta na Alameda unha morea de actividades lúdicas e artesanais

11/11/2009

Di o refrán que "polo San Martiño, peóns ao camiño". O acto central do Día do Peón, que se celebrou en toda Galicia por quinto ano consecutivo, desenvolveuse na Alameda de Compostela por iniciativa de Brinquedia -a Rede Galega de Xogo Tradicional-, a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, a Asociación do Xogo Tradicional compostelá e mais a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Leer más

CONSUMO

A OMIC edita unha nova guía de concienciación sobre a reciclaxe

11/11/2009

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) vén de editar unha Guía práctica para reciclar. A publicación pretende concienciar da importancia da reciclaxe e dar a coñecer dun modo rápido e sinxelo algúns dos materiais que con máis frecuencia se atopa o consumidor.

Leer más

ALCALDÍA

Destacados investigadores participan en Santiago nun encontro sobre o franquismo

11/11/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos participantes no VII Encontro de Investigadores sobre o franquismo, organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago e a Fundación 10 de Marzo. O evento celebrase do 11 ao 13 de marzo e é a primeira vez que se celebra en Santiago, tras o seu paso por diversas cidades españolas.

Leer más

ALCALDÍA

O Pleno pronunciarase en defensa da Facultade de Medicina de Santiago

11/11/2009

"Con coherencia e en base ao interese xeral". Así solicitou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que actúe na polémica sobre a convocatoria de prazas de docentes pola Facultade de Medicina. En troques disto, dixo, "está a actuar como parte" neste tema. O Pleno municipal pronunciarase sobre este tema na sesión ordinaria deste mes de novembro.

Leer más
Compartir: