BENESTAR SOCIAL
O Concello achega 7.500 euros a tres entidades sociais para o desenvolvemento dos seus programas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou tres convenios de colaboración cos presidentes da Asociación Galega de Lupus (AGAL), María Eugenia Escudero Prado; da Asociación Galega de Dano Cerebral "Sarela", José Balboa Ayán; e da Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental, Lorena Alvite; A institución municipal aportará un total de 2.500 euros a cada agrupación para que poidan poñer en marcha diversos programas.
EDUCACIÓN
Preto de 100 rapaces participan cada día na edición de setembro da Escola Municipal de Verán
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, realizou unha visita aos catro centros onde se desenvolve a Escola Municipal de Verán na súa edición de setembro. Entre 60 e 100 rapaces están a participar diariamente nesta convocatoria lúdica e educativa, a realizarse entre o 3 e o 7 de setembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica selecciona novos alumnos para cubrir as últimas prazas do curso de eficiencia enerxética
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abre un novo proceso de selección para cubrir as últimas prazas que quedan para o curso de Eficiencia enerxética, automatización e xestión da enerxía na vivenda, que comezará o 11 de setembro. As persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas da Concellaría ubicadas na porta 9 do Multiusos de San Lázaro, na Avda. Fernando Casa Novoa, número 20, de nove da mañá a dúas da tarde. Deberán traer o DNI, a...